O Comité de XEAL denuncia pola vía penal a operación de compra-venda das fábricas e as centrais

Fábrica de Dumbría
  • O Comité critica que a empresa contrata ao fillo do alcalde de Dumbría no posto dun dos traballadores despedidos por declarar a favor dunha compañeira

Continúa a marexada social nas fábricas de Cee e Dumbría. Desta volta, e ante a inacción da Xunta para facer cumpliar as clásulas da concesión e a sentenza do TSXG, o Comité de Empresa vén de presentar unha denuncia na vía penal contra a operación de compra-venda das fábricas e as centrais hidroeléctricas. Unha denuncia contra a directora Augas de Galiza, o conselleiro delegado do Grupo Ferroatlántica, os administradores de Ithaka Partners e o apoderado de XEAL por posíbeis delitos de prevaricación por omisión, delito de prevaricación polo ditado dunha resolución inxusta e por un delito contra os traballadores.

Todo en base á que a operación foi unha ”fraude” para poder ir desmantelando paulatinamente as fábricas, posto que o interese único do fondo de investimento comprador foi e será a produción hidroeléctrica. "Vémonos na obriga de ter que denunciar penalmente a operación de compra-venda para salvagardar os intereses dos traballadores e traballadoras presentes, dos que poidan entrar no futuro, do colectivo de persoal pasivo, e garantir o futuro industrial da comarca", aseveran dende o Comité.

Lembran que Ferroglobe, a pesar da venda, segue a ser o único cliente e o principal proveedor das fábricas, incluso “correndo con todos os gastos, incluídas as nóminas do persoal”; mentres que a dirección actual "o único que xestiona son as centrais hidroeléctricas, incumpríndose así as cláusulas concesionais".
Ademais, recordan que xa van 30 postos directos e 80 eventuais perdidos dende 2019, ademais de diferentes conflitos laborais.

Criticas á política de persoal

E precisamente, nesa liña de “desmantelamento” e recortes de persoal, o Comité ao completo quere manifestar a súa sorpresa coa “contratación do fillo do alcalde de Dumbría, para ocupar o posto do traballador despedido por declarar a favor dunha compañeira que denunciou a outro por acoso”. “Non estamos en contra de que se contrate xente, pero se están deixando de cubrir postos, sacando postos de fabricación para poñer nas oficinas… é curioso”, critica o Comité sorprendido por unhas declaracións do alcalde na Voz de Galicia no que asegura "non ter coñemento de que haia conflitos" na fábrica dumbriesa.

 

Todas as novas relacionadas con XEAL