O Comité de XEAL solicita que o aumento de caudal de produción hidroeléctrica se vincule coa xeración de emprego
Solicitaba hai unhas semanas XEAL a Augas de Galiza o aumento do caudal de auga solicitado para subir a produción de electricidade no encoro de Santa Uxía, no río Xallas (Concello de Dumbría), para aumentar en 6,3 m³/s o caudal. Unha petición para que o Comité ten unha proposta concreta. Por iso, presentou alegacións pedíndolle a Augas que lle esixa á empresa un incremento do emprego no complexo enerxético-industrial na mesma proporción.
Deste xeito, entende o comité, estaríase dando debido cumprimento á cláusula esencial das concesións, que vincula a produción de enerxía á produción de ferroalixes nas fábricas de Cee e Dumbría.
O comité entende que, ”antes de autorizar o incremento do caudal, a Xunta debe comprobar que XEAL está cumprindo a cláusula nos termos en que é interpretada polo TSXG; é dicir, debe comprobar que, cando menos, o número de persoas empregadas nas fábricas de Cee e Dumbría e nas centrais non é inferior ao existente no momento de outorgamento da renovación da concesión de aproveitamento do encoro de Santa Uxía”.
Pois no caso contrario, "a empresa estaría a incorrer nun incumprimento das condicións da concesión e a Administración debe condicionar a aprobación da modificación solicitada á restitución do emprego existente naquel momento”.
Todas as novas relacionadas con XEAL
- Abril 22: XEAL pon en marcha a construción dunha nova central no río Xallas.
- Abril 22: TPG volve poñer en venda as centrais hidroeléctricas do Xallas.
- Marzo 22: O Comité de Xeal pide unha reunión coa Xunta para preguntarlle sobre a nova estación de bombeo da Ruña.
- Febreiro 22: O comité de XEAL reclama ante a Xunta a reversión dos dereitos de explotación das centrais hidroeléctricas.
- 2022: Piden a demolición das centrais hidróeléctricas que teñen as concesións caducadas.