Martes. 05.11.2024
El tiempo

XEAL pon en marcha a construción dunha nova central no río Xallas

encoro santa uxia soltando auga-Placido trillo
Imaxe das turbinas actuais do encoro de Santa Uxía- FOto:Placido trillo
XEAL pon en marcha a construción dunha nova central no río Xallas

Días de actividade e incertezas arredor de XEAL. Mentres TPG pon á venda as centrais, e amosa o seu interese de construír unha nova estación de bombeo na Ruña, e a pesar das continuas denuncias dos traballadores ante o perigo de desmantelamento das fábricas, a empresa anuncia a construción dunha nova central hidroeléctrica no xa castigado río Xallas.

Así o anunciaba esta pasada semana o DOG, polo que Augas de Galicia abre “o trámite de competencia de proxectos do expediente de solicitude de modificación da concesión administrativa do aproveitamento hidroeléctrico de Santa Uxía, río Xallas”.

Será pois a 7ª central en apenas 15 km dun castigado río Xallas, que sofre a súa alertación en 4 encoros.

A empresa afirma que invesitará 4 millóns de eiros para a “a construción dunha central de caudal ecolóxico” no encoro dumbriés. O proxecto non supón unha modificación do embalse nin as centrais actuais, senón a instalación de 2 turbinas Kaplan cunha potencia conxunta de 3.5 MW. A central terá unha produción de 16 Gwh anuais, a cal será predecible e fiable a tratarse dun caudal ecolóxico con caudales coñecidos todo o ano e evitarase o vertido á atmosfera de preto de 8.500 tn anuais de CO2.

Afirman que o periodo de construción estimado é de 16 meses, e prometen que haberá 200 postos de traballo durante a súa construción.

Todas as novas relacionadas con XEAL

Comentarios