A Xunta non mediará no conflito XEAL
08:03 11/02/22
Así o deixou claro onte no Parlamento Galego o PP, tras vetar unha petición presentada polo BNG para que a Xunta medie no conflito de Xeal e supervise o seu cumprimento das cláusulas de vinculación de actividades. A “situación de conflitividade sociolaboral xerada no marco da negociación do convenio de Xeal”, a condena por acoso sexual, os despidos por represalias, a perda de máis 110 empregos directos e indirectos dende 2019, ou a falta dun plan de viabilidade real que marque a volta a unha actividade que garanta os postos de traballo, non son razóns suficientes para que a Xunta intervenga.
O deputado nacionalista Daniel Pérez cre “inxustificable a inacción do Goberno galego ante a segregación encuberta da empresa que só quere a explotación das centrais hidroeléctricas”, “máxime cando estamos a falar dunha empresa que se beneficia de axudas públicas e que pode estar incumprindo, atendendo aos distintos pronunciamentos xudiciais, as condicións dunha concesión pública sobre a que a Xunta ten a competencia”.
Parapelamente o Comité continúa coas súas mobilizacións que levarán ás traballadores ata San Caetano o vindeiro mércores 23.
Novas relacionadas
- Febreiro 22: Os traballadores de XEAL volveron ás mobilizacións, cada vez con máis motivos.
- Xaneiro 21: A CGT critica o despido dun traballador de XEAL só por defender no xuízo á compañeira vítima de abuso sexual.
- Xaneiro 21: O Comité de XEAL pide que a Dirección tome medidas “contundentes” contra o responsable condenado por acoso sexual.
- Decembro 21: A CIG levará a agresión ao presidente do Comité de XEAL aos Xulgados.
- Decembro 21: A CIG denuncia unha agresión contra o presidente do Comité de XEAL.
- Novembro 21: O Comité de XEAL apoia nos Xulgados á traballadora que sufríu acoso dun superior.
- Xullo 21: O suposto caso de acoso axita a concentración dos venres dos traballadores de XEAL.
- 09-07-21: O comité de XEAL denuncia na Inspección o proceder da empresa ante os casos de acoso laboral e sexual.
- Xullo 21: O Comité de Xeal denuncia un presunto caso de acoso sexual dun alto cargo próximo á dirección.