TPG volve poñer en venda as centrais hidroeléctricas do Xallas
Apenas 2 anos e medio da polémica compra ao grupo Ferroglobe, o fondo norteamericano TPG pon á venda das Centrais Hidroeléctricas do río Xallas. As revistas especializadas, informan apuntan que a xestora estatal do fondo, Ithaka, responsable directa de XEAL, vén de anunciar a súa intención de vender as 10 centrais que mercaban en 2019 ao grupo de Villar Mir.
As cifras que se anuncian é que a venda podería estar arredor dos 200 millóns, 30 máis dos que empregaron nestes 2 anos e medio nos que a produción enerxética seguiu medrando sen freo, pero mentres vai a menos a produción de ferroaleacións nas fábricas vinculadas á concesión hidroeléctrica.
Unhas fábricas que xeran menos emprego, que invisten menos en Responsabilidade Social Corporativa na comarca, que reciben menos investimento,… deixando patente "o desmantelamento paulatino das fábricas" (de feito, continúa Ferroatlántica correndo con todos os gastos da fábrica, incluídos os dos empregos, pois cada mes XEAL mándalle unha factura ao grupo Ferroglobe para manter a actividade), cumpríndose así o que leva anos denunciando o Comité de Empresa: que a única intención de TPG, de Ithaka e de XEAL é o negocio enerxético, tendo en conta ademais a posibilidade de ampliar o embalsado e a creación dun novo aproveitamento hidroeléctrico na Ruña, Mazaricos.
”O proceso é claro. En 2017, Ferroatlántica intentou a segregración da concesión hidroeléctrica ao mantemendo da actividade das fábricas de Cee e Dumbría. Nin Augas de Galicia nin o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia llo permitiron, polo que se formularon esta maquila: vendemos, e intentamos sacar rendemento das fábricas mentres desmantelamos pouco a pouco as fábricas”, explican dende a representación dos traballadores.
Todo, no marco dunha operación reiteradamente denunciada polos traballadores, tras constantes mobilizacións e conversas cunha Xunta á que consideran “cómplice” dunha “fraude”. De aí que o Comité valore realmente ir aos tribunais a denunciar a venda, ao tempo que veñen de reiterar a petición da reunión (xa pediran para informarse o proxecto da Ruña á empresa e ao Conselleiro de Industria.
Todas as novas relacionadas con XEAL
- Marzo 22: O Comité de Xeal pide unha reunión coa Xunta para preguntarlle sobre a nova estación de bombeo da Ruña.
- Marzo 22: A Xunta segue sen mover un dedo polo emprego en XEAL.
- Marzo 21: XEAL para o único forno activo da fábrica de Cee mentres fai máis caixa que nunca cas centrais hidroeléctricas.
- Novembro 2020: O TSXG asegura a vinculación das fábricas e a produción eléctrica de XEAL.
- Xullo 2020: Rematou o ERTE de XEAL pero a actividade productiva dás ferroaliaxes é inferior ao 8% da súa capacidade .
- Decembro 17: Augas de Galicia confirma que as centrais e a fábrica de Brens son inseparables.
- Novembro 17: “A gran mentira” do Plan Industrial de Ferroatlántica: