Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Como repercute a invasión dos eólicos nos Concellos da Costa da Morte?

Parque Eólico das Paxareiras, entre Mazaricos e o Monte Pindo
Como repercute a invasión dos eólicos nos Concellos da Costa da Morte?

 A eterna polémica entre a aposta enerxía renovable e o respecto medioambiental ten a súa parada obrigatoria en zonas como a Costa da Morte. Unha zona onde a “invasión de viraventos” lévanos a erguer a mirada e ver muíños por todos os montes do arredor. Unha circunstancia que convertía a Galicia en 2008 como a comunidade española líder en produción, sendo ademais a 6ª potencia do mundo que máis electricidade xeraba a través dos aeroxeneradores. Galicia contaba con máis de 3.000 molinos repartidos por máis dun centenar de parques daquela.

As cifras deixan datos significativos que fan reflexionar sobre a necesidade de integrar dalgunha forma esa incidencia medioambiental e pasaixística na tarifa eléctrica. En 2015, a Barbanza xeraba a enerxía suficiente para cubrir a demanda duns 430.000 fogares, ou dito doutra forma xeraba cada ano enerxía suficiente para abastecer ao seu parque total de vivendas durante case un lustro. Pero os habitantes da Barbanza pagaban a enerxía ao mesmo prezo que o resto do país, e iso que os 950.000 kilovatios que producían ao ano xeraban máis de 100 millóns de euros ás eléctricas. Esa repercusión no territorio que sofre a presencia dos muíños tense en conta de diferentes xeitos, sobre todo directamente aos propietarios e aos Concellos. Pero a realidade é que non só os propietarios son afectados, somos todos, polo impacto visual, avifauna, medioambiental… Como se mide iso? Falando en clave veciñal, os cartos repercuten na sociedade cos pagos directos aos propietarios, e coa creación de postos de traballo. E en clave municipal, os cartos chegan aos Concellos de diferentes maneiras: licenzas de obra, pagos aos veciños propietarios, canon aos concellos, canon eólico da Xunta ou o Fondo de Compensación Ambiental. Coa axuda do técnico xalleiro José María Suárez, facemos esta completa análise dos fondos que chegan aos concellos costeiros.

Licenzas e permisos de obras

Son catro as vías polas que os Concellos reciben cartos das licenzas. Collendo, por exemplo, o caso de Muxía:

  • 1. A licenza urbanística dos dous novos parques que xa están en construción e da subestación e liña que conectará con Vimianzo. É un 1,5 % do investimento, que suma 1.100.400 euros.
  • 2. O ICIO (Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras) polos mesmos conceptos. Un 3%, o que supón uns 2.200.800 euros.
  • 3. O convenio asinado no 2012 con EDP Renovables, que implica dous pagos: o 50% de 12.000 euros por megavatio instalado (408.000 euros) e do 50 % doutros 4.411 euros por megavatio (149.000 euros). En total, máis de 557.000 euros. Grazas a este convenio, EDP xa aportou varias cantidades ao Concello que se destinaron, sobre todo, a pistas.
  • 4. Algúns concellos teñen ademais taxas de tramitación, que no caso de Vimianzo é do 0,5%.

Canon directo ou anual aos Concellos

Ademais das taxas pola súa construción, os parques eólicos supoñen para os concellos outros ingresos ano tras ano e un sustento importante para os municipios en base a cánones anuais. O canón anual a abonar aos concellos, dependendo dos parques e as negociacións poden supoñer entre os 60.000 euros e os 100.000 euros anuais. Caso especial é o de Mazaricos con máis de 250.000 euros anuais de ingresos, pero é que ten oito parques eólicos.

Canon eólico da Xunta

A Xunta de Galicia concede periodicamente aos concellos que contan no seu territorio con parques eólicos de diferentes beneficios ou bens que se sufragan co canón que as operadoras teñen que abonar ao goberno autonómico. Por exemplo, os 20 Nissan Qashqai e outros tantos Nissan Pathfinder dos que gozan as policias locais e Protección Civil dos municipios con parque eólico desde 2011.

O que hai que pagarlle aos veciños

O diñeiro dos parque eólicos non se acaba cos ingresos que lle supoñen ás arcas municipais, porque tamén están os veciños propietarios, onde as negociacións varían dependendo das zonas e as empresas promotoras. Esta é unha das claves do pouco rexeitamento que teñen estes parques a nivel social, pois acaban convertindo "unha leira esquecida aló enriba no pedregal nun soldiño", que pode rondar os 5.000€ por cada hectárea alugada, facendo contratos que varían en función da potencia xerada. Pero non só que hai que pagarlle aos donos dos terreos nos que se instala cada muíño, senón tamén e polos que pasa a liña de evacuación de alta tensión, aínda que as contías a estes últimos son moi baixas, rondando os 500€ anuais, segundo os datos da Asociación Ventonoso. Este tamén é outro ingreso municipal no caso de que afecte a terreos ou instalación municipais.

Creación de postos de traballo

A creación de postos de traballo directos para os veciños da zona, sobre todo de mantemento de instalacións. Só a empresa Erom ten en nómina algo máis de 30 veciños da zona con contratos de mantemento de instalacións. E iso que dos 13 parques existentes só leva o mantemento de catro parques (Camariñas, Zas, Corme e Piñeiro de Val). A estes postos de traballo habería que sumarlle os indirectos e subcontratas.

Outras axudas das operadoras

Outras axudas que poidan establecer as compañías operadoras a familias con recursos limitados, como poden ser a Becas da Fundación EDP Renovabeis que na zona contan con algúns parques en Santa Comba, Muxía ou Dumbría. No caso do municipio xalleiro, EDP renovables entregou o pasado ano en Santa Comba 31 becas para estudantes de entre 3 e 25 anos nun acto celebrado no auditorio do multiusos. As axudas totais, que se enmarcaron dentro programa Green Education, ascenderon a 20.500 euros, na súa maioría axudas individuais de 500 euros, aínda que houbo unha beca de 1.000 euros para unha estudante de primeiro de bachillerato e tres de 2.000 euros para universitarios.

Fondo de Compensación Ambiental

O Fondo de Compensación Ambiental, unha especie de instrumento financeiro polo cal repártese entre os concellos afectados unha parte do que a administración recauda das empresas xeradoras de enerxía eléctrica. Este diñeiro, que se distribúe en función de variables como o número de máquinas instaladas en cada territorio ou a superficie afectada por parques eólicos, só pode ser investido polas Administracións locais en proxectos de marcado contido ambiental, como poden ser o saneamiento de núcleos ou a colocación de depuradoras. Para o ano 2017 hai unha dotación de 120 millóns de euros, dos que arredor dun millón de euros rematou na comarca. Os ingresos procedentes do Fondo de Compensación Ambiental que non só se destina a municipios que acollen parques eólicos senón tamén aos que están afectados por conexións ou vías de evacuación. No 2016 este fondo repartiu entre os municipios de zona con parques eólicos algo máis dun millón de euros, cunha media de 82.000 euros por municipio, aínda que neste caso tamén existes grandes variacións en base ao número de muíños (ver táboa). Por poñer un exemplo de concellos citados, no caso de Vimianzo, e en 2016, recibiu pouco máis de 120.000 euros, cos que transformou a antiga escola unitaria de Vilar nun Centro de Intepretación de ríaa de Cereixo, mellorou a iluminación pública exterior na Piroga (Bamiro) e a eficiencia energética do alumado do paseo fluvial da capital municipal e da contorna da casa de cultura. Noutros lugares usáronse para instacións solares, nos sistemas de abastecemento de augas ou na limpeza de camiños.

SUBVENCIÓNS FONDO DE COMPENSACIÓN AMBIENTAL 2016 NA COSTA DA MORTE

Concello

Nº de aereo- xeneradores

Importe máximo subvención por número de aéreo- xeneradores

Lonxitude de liñas

(metros)

Importe máximo subvención por liñas

Importe máximo subvención total

Mazaricos

123,5

158.682,7 €

34.118,00

51.811,73 €

210.494,48 €

Dumbría

114

146.476,39 €

5.737,00

8.712,23 €

155.188,62 €

Malpica

69

88.656,76 €

1.208,00

2.000,00 €

90.656,76 €

Vimianzo

68

87.371,88 €

21.859,00

33.195,17 €

120.567,05 €

Ponteceso

63

80.947,48 €

18.713,00

28.417,64 €

109.365,12 €

Santa Comba

54,5

70.025,99 €

7.047,00

10.701,61 €

80.727,60 €

Carnota

49,5

63.601,59 €

   

63.601,59 €

Camariñas

42

53.964,98 €

6.346,00

9.637,06 €

63.602,04 €

Muros

41

52.680,10 €

3.940,00

5.983,30 €

58.663,40 €

Outes

30

38.546,42 €

   

38.546,42 €

Zas

28,5

36.619,10 €

7.087,00

10.762,34 €

47.381,44 €

Cabana

13

16.703,45 €

8.497,00

12.903,58 €

29.607,03 €

Totales   

698

896.576,60 €

   176.209 €

1.073.056 €

 

Media

 53,69

68.967,43 €

115.925

 16.019,063 €

 82.542,79 €

 

 

Artigos eólicos

Novas eólicas

Máis novas

Fonte

Fonte

Comentarios