Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Compartir coche, conexión directa da Costa da Morte co mundo

Compartir coche, conexión directa da Costa da Morte co mundo
comparto_coche

Enteirabámonos hai pouco que hai conexión directa entre Madrid e a Costa da Morte. E non, non falamos de autobuses ou trens, evidentemente o servizo de transporte público non chegaría a eses extremos de eficiencia. Nin falamos dos míticos taxis que aínda unen a bisbarra con toda España e mesmo con Suiza ou Alemaña (menuda historia a dun taxista que vive a cabalo entre Suiza e Corcubión, non?).

Falamos de compartir coche. Falamos, por exemplo, da plataforma Blablacar. Unha gran iniciativa que xa triunfa en países como Alemaña dende hai anos e que pouco a pouco vaise instalando por Galicia.

Se ben xa funciona ás veces de xeito coloquial a través do Facebook (cantas veces terán probabo os estudiantes, con mellor ou menos éxito se hai alguén que sube de Corcubión a Coruña un domingo...) este de Blablacar centraliza todas estas peticións.
Xa funciona bastante ben dende Madrid, con varios coches que esta semana chegaban ata Carballo. Pero tamén funciona a nivel Galicia, e son varias as persoas anuncian as súas viaxes de ida e de volta de Santiago de Compostela a Cee, por exemplo.

Un xeito ideal de compartir gastos de viaxe, de non ter que aguantar a incomodidade do autobús, e ademais, de coñecer xente. E como non, de participar un pouquiño menos na contaminación, evitando que máis que máis coches leven só unha persoa.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios