A Xunta promete retomar as obras do treito Carballo-Baio da Autovía a primeiros de ano


Segue paralizada e como mínimo terá un retraso de 3 anos sobre o proxecto inicial. Pero parece que no marchou no esquecemento. Hoxe, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, o mesmo que se ría da Costa da Morte prometendo que a obra estaría lista en 2016 obviando que debería estar no 2013, reiterou hoxe que “o Goberno galego non caerá na postergación, na relegación ou no esquecemento da Autovía Carballo- Berdoias”. Hernández espera que "en cuestión de semanas, e co novo ano, se recupere o ritmo das obras".
Máis promesas do conselleiro que asegura que traballan para que a obra se desbloquee en 2014. De feitos, nada, tras máis de ano e medio de paralización total das obras.
Carballo - Baio
E máis promesas que parecen que só estará o treito entre Carballo e Berdoias no 2016, pois o treito Berdoias-Cee nin o mencionou.
Pero é que cousa parece máis grave pois desta volta xa que hoxe explicou que "os esforzos estanse a centrar no treito de 25km entre Carballo e Baio, incluíndo a variante de Baio", xa nin sequera ata Berdoias.
Hernández argumenta, como todo o goberno da Xunta e do Goberno Estatal, "actual situación de extrema dificultade".
Novas relacionadas
- 31-10-13: A Autovía volveu ao Parlamento e terá alomenos 3 anos de retraso.
- 25-10-13: A concesionaria da Autovía Costa da Morte, en creba.
- 04-10-13: O BNG pide que se anule o contrato coa concesionaria da Autovía e que a Xunta asuma un contrato de obra pública.
- 20-09-13: Os Concellos de Carballo, Vimianzo e Zas pregúntanlle á Xunta polas obras da Autovía.
- 11-09-13: O BNG denuncia a eterna parálise da Autovía Costa da Morte.
- 14-03-13: O Conselleiro ríese da Costa da Morte asegurando que a Autovía estará rematada no 2016.
- 04-03-2013: O BNG denuncia a eterna parálise da Autovía Costa da Morte.
- 05-02-13: A Xunta recoñece case un ano de parálise na Autovía Costa da Morte.
- 08-10-12: A Xunta rectifica as verbas de Hernández e insiste en que a Autovía non está paralizada.
- 26-09-12: A Xunta ratifica os retrasos na Autovía ante a falta de financiamento da empresa.
- 22-09-12: A Autovía que separa.
- 20-09-12: A Autovía da Costa da Morte non estará rematada no 2013.
- 19-09-12: Os alcaldes da Costa únense ante a paralización das obras da Autovía.
- 06-06-12: As máquinas volven á Autovía e a Xunta asegura que se cumplirán os seus prazos.
- 24-04-12: O Conselleiro ratifica unha Autovía rematada no 2013 e sen peaxe.
- 13-04-12: Os camións da Autovía paran.
- 03-04-12: Paralizadas as obras da Autovía?.
Máis novas
Fonte
- Nota de prensa da Xunta.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).