A comunidade, o gran valor creado por QPC nos seus 14 anos de vida

O 27 de xuño 2007, dende unha pequena oficina de Corcubión, saía por primeira vez a cabeceira do diario Quepasanacosta. Comezaba con poucos medios, no seo da empresa tecnolóxica Galinus, e cubrindo a información de 9 concellos. Hoxe, 14 anos despois, aquel xérmolo de medio de comunicación é toda unha referencia informativa en toda a Costa da Morte, chegando a 19 concellos e unha poboación estimada de 130.000 persoas residentes na nosa comarca, e unha cantidade incontable de xente na diáspora.
Co seu afán vertebrador, o gran valor que ten creado QPC é a súa comunidade. Esa comunidade de xente que estades ao outro lado, que sodes os nosos ollos no voso concello, que facedes posible que este proxecto siga vivo ofrecendo unha visión comarcal pero dende o máis cercano. Esas persoas que nos envían as grallas, que nos envían as imaxes que usamos nas nosas redes para demostras a beleza da nosa comarca ou para denunciar incomodidades; esas colaboradoras que nos contan como foi aquel acto, que nos mandan fotos do partido do seu equipo, ou que nos transmiten as queixas que provocan os recortes de servizos públicos.
2020-2021
Este ano de pandemia está sendo un ano complicado. Os problemas de conciliación ou de perda dalgún patrocinador do sector da hostalería, solventámolos coa máxima dedicación e esforzo, conseguindo crear novos produtos como os #DirectosQPC, e case que duplicando o noso número de usuarios con respecto a 2019. Pasamos, por exemplo, de 46.500 usuarios mensuais en 2019 aos 80.590 neste 2021.
Un futuro con novidades
E QPC segue medrando. Esta campaña 2021/2022, coa volta do Fútbol da Costa, teremos un par de sorpresas espectaculares, que vos iremos presentando pouco a pouco.
Novas relacionadas
- #DirectosQPC: Xa o facía María Amelia.
- 2019: #QPC: 12 anos vertebrando a Costa da Morte .
- 2017: QPC leva o seu 10 aniversario aos Institutos fomentando a lectura crítica.
10 entrevistas para #10anosQPC
- Fran Hermida: “QPC e mais eu temos a mesma vontade de dinamizar o ‘microuniverso’ da Costa da Morte”.
- David Lourido: “Neste mundo tolo, é imprescindible construír en local”.
- Javier Calaza: “Seguramente ocorréuseme o nome de Quepasanacosta tomando uns viños”.
- Alberto Pose: “QPC foi unha revolución na maneira de informar onde todos podíamos axudar e tiñamos voz”.
- Dani Cerqueiro: “Cando escoitei a Louzan dicir que dimos voz á sociedade civil da Costa da Morte sentinme orgulloso”.
10 artigos para #10anosQPC
- Víctor Castiñeira: Dez anos ó servizo da comarca.
- Javi Turnes: A propósito do Que-pasa-na-Costa.
- Serxio Iglesias: #10anosQPC: A lenda dos anxos que pilotan o automóbil negro.
- Viki Rivadulla: QPC: O Compromiso.