Mércores. 18.09.2024
El tiempo

Os Concellos da Costa poden solicitar, en grupos de 3, as axudas provinciais para o persoal das oficinas de turismo

Os Fogóns do Anllóns-Xose Regueira Deputacion
Xosé Regueira, vicepresidente e responsable da área de Turismo da Deputación
Os Concellos da Costa poden solicitar, en grupos de 3, as axudas provinciais para o persoal das oficinas de turismo

Un ano máis, os Concellos da comarca non teñen excusa para manter un mínimo de atención turística durante o verán. A área de Turismo da Deputación da Coruña vén de de anunciar a apertura do prazo de solicitude (ata o 3 de marzo) de axudas para persoal das oficinas de turismo.

Os Concellos de menos de 50.000 habitantes poderán recibir subvencións de entre 10.000 e 20.000 euros. Os municipios de menos de 10.000 habitantes, a meirande parte da comarca, terán que unir recursos e pedir unha subvención conxuntamente entre un mínimo de 3.

Entre os criterios de valoración das solicitudes están o número total de prazas de aloxamento en establecementos turísticos do concello ou agrupacións de concellos, a capacidade de cobertura da demanda turística, ou o interese turístico e planificación sostida.

«Desde o primeiro momento fomos conscientes de que un turismo de calidade implicaba ter bos técnicos para planificar e bo persoal de información turística», explica o vicepresidente provincial e titular de Turismo, Xosé Regueira. «Sabiamos tamén», engade, «das necesidades dos concellos, pola precariedade de recursos humanos e pola imposibilidade legal de contratar novo persoal, de contar con persoal especializado en turismo para darlle servizo a unha proposta de calidade no territorio. Polo tanto, estamos moi orgullosos de que esta subvención da Deputación sirva para incrementar a calidade e mellorar a atención, algo que para nós é imprescindible se queremos ser competitivos no futuro».

Máis información nesta ligazón.

Comentarios