Martes. 19.11.2019
El tiempo

Os Concellos da Costa reciben 260.000€ para a limpeza das súas praias

 

   
 
   
 
   
   
 
   
 
   
   
   
   
 
   
   
   
 
   
   
 
 

 

 

A praia da Concha de Cee é unha auténtica vergoña
A praia da Concha de Cee é unha auténtica vergoña
Os Concellos da Costa reciben 260.000€ para a limpeza das súas praias

Son moitas vences os [email protected] os que manteñen limpos os areais. Areais que moitas veces son de verdadeira vergonza allea, como acontece na praia da Concha, en pleno centro de Cee. Esperamos que as axudas da Deputación da Coruña para que os concellos da contorna contraten servizos de limpeza erradiquen esta paupérrima imaxe dunha comarca que debe vivir da súa natureza como vital recurso turístico.

A Deputación abre esta liña para axudar aos no sostemento dos gastos de contratación do persoal das brigadas que se encargarán da limpeza dos areais da provincia, así como da adquisición do material necesario, vestiario ou combustible.

A subvención para a creación destas brigadas de limpeza ten unha duración máxima de tres meses, que deberán estar comprendidos na época estival.

Na comarca a Deputación déixase máis de 260.000€ nos nosos concellos.

PROGRAMA LIMPEZA DE PRAIAS 2019 da Deputación

Beneficiario Obxecto Importe
Cabana Campaña limpeza de praias 2019 16.250,82€
Camariñas   Limpeza de praias marítimas 2019 26.127,42€
Carballo Limpeza de praias no 2019 30.738,14€
Carnota Contratación brigadas de limpeza de praias anualidade 2019 28.893,85€
Cee Programa de limpeza de praias marítimas no 2019 20.843,18€
Corcubión Contratación servizo Limpeza de Praias 2019 7.535,99€
Dumbría Limpeza da praia do Ézaro 17.143,78€
Fisterra Contratación persoal para a limpeza de praias no 2019 25.820,04€
Laxe Campaña limpeza de praias 2019 25.820,04€
Malpica  Limpeza de praias en Malpica no 2019 22.762,52€
Muros Limpeza de praias marítimas no 2019 24.590,51€
Muxía Contratación persoal limpeza praias 25.820,04€
Ponteceso Plan de limpeza de praias 29.201,23€

 

Novas relacionadas

Comentarios