Nova concentración contra a sombra dos viraventos
Seguen na rúa os veciños e veciñas da comarca afectados polos Parques Eólicos de Bustelo, Campelo e Monte Toural. Hai apenas dúas semanas facían unha Andaina reivindicativa pola Lagoa de Alcaián e este domingo, coindindo coa feira, concentrábanse en Carballo pola defensa do rural así como material audiovisual, coa colaboración da asociación cultural e veciñal A Fonte Salgueira.
“Aldeas vivas, que non destruídas”; “O rural non se vende, o rural deféndese” ou “O rural hai que coidalo, e non ameazalo” foron algúns dos cánticos que se ouviron no centro da capital bergantiñá.
A veciñanza segue protestando polo Mega-proxecto fragmentado en tres de xeito artificial para así poder acollerse á lei de Fomento de Iniciativas Empresariais, así como as liñas de alta tensión que darían saída a enerxía producida cara O Mesón do Vento. O megaproxecto conta cun total de 27 muíños de 180m de altura, que rodearán a varos núcleos de poboación dos concellos de Coristanco, Carballo e Santa Comba, e que mesmo lle farán sombra explotacións gandeiras, un sector chave na zona.
No encontro, no que estiverón arropupados por outros colectivos e tamén por varios representantes políticos a nivel local, provincial e autonómico. Aproveitaron para repartir estes panfletos informativos: