Xoves. 19.09.2019
El tiempo

O Conselleiro confirma que se Ferroatlántica para outro forno rescatará a concesión das centrais

Reunion do PP de Cee co Conselleiro de Industria
Reunion do PP de Cee co Conselleiro de Industria
O Conselleiro confirma que se Ferroatlántica para outro forno rescatará a concesión das centrais

Varias citas esta semana mantivo o PP de Cee arredor do caso Ferroatlántica. O mércores Antonio Domínguez mantiña unha reunión con varios membros do Comité de Empresa, para recoller as inquedanzas dos traballadores ante o ERTE presentado pola empresa, e trasladarllas ao Conselleiro de Industria.

O Comité, como nos exlica Juan Villar, da CGT, pediulle que lle trasladara a Conde que posibilidades había de traer a mesa negociadora aquí, así como saber que faría a Xunta se se cumple o rumor que corre pola comarca que avisa dunha posible nova paralización doutra unidade produtiva.

Sobre o traslado da mesa negociadora a Galicia, Conde botou balóns fóra e dixo que era competencia do Ministerio. Pero si foi taxante sobre o posible peche doutro forno, que xa sería o terceiro. “Se para outro forno, rescataremos a concesión das centrais hidroeléctricas, co que iso conleva”, aseguroulle Conde a Domínguez segundo lle trasladou aos representantes dos traballadores.

Unha boa nova, pero que “hai que coller con pinzas e ir con cautela”, asegurou Villar, que deixou o recado de que “podemos avanzar e empezar a ter resultados sen facer demasiado ruído”.

“As concesións particulares que temos aquí converten a esta planta en viable economicamente, polo que a negociación do ERE tería que ser diferente a do resto de lugares”, afirmou ademais Domínguez.

Novas do co conflito #Ferroatlántica

Comentarios