Martes. 19.03.2019
El tiempo

A CIG esíxelle a Ferroatlántica a reactivación dos fornos para continuar negociando

CIG e BNG afían armas contra a dirección de Ferroatlántica e contra a Xunta, mantendo a liña de que o ERTE presentado pola empresa é ilgeal

A CIG esíxelle a Ferroatlántica a reactivación dos fornos para continuar negociando

Co ERTE sobre a mesa, a sección sindical da CIG, único representante, por agora, dos traballadores de Ferroatlántica na mesa de negociación coa dirección en Madrid, manten firme a súa postura: "as medidas propostas constitúen un auténtico despropósito e que non existen causas obxectivas que xustifiquen o expediente". Así o afirmaban tras saír da segunda reunión celebrada este pasado martes. De feito, consideran que un despedimento por dous anos do 50% do persoal, como formula a empresa, é absolutamente inviable e fontes do Comité marcan unha liña vermella no 24%.

Para a CIG, en todo caso, o proceso negociador pasa pola reactivación inmediata dos fornos, ou cando menos, establecer un calendario de arranque, así como achegar garantías efectivas de estabilidade no emprego e na capacidade produtiva das fábricas.

Piden, por exemplo, que a empresa retire todos os recursos interpostos contra a decisión da Xunta de non autorizar a segregación e venda das centrais hidroeléctricas. Unha situación que ademais a empresa está ocultando en todos os seus informes. É aí onde a CIG tamén se lembra da Xunta, que ten que facer valer as cláusulas concesionais que vincula a explotación hidroeléctrica coa á viabilidade do complexo industria

 

Inxustificable economicamente

Cos datos aportados pola empresa, dende a CIG teñen claro que "a realidade de Ferroatlántica dista moito de parecerse á dunha empresa en crise que nos queren vender". "A empresa está dando beneficios: o ano pasado as vendas chegaron case aos 400 millóns de euros, a cifra máis alta dos últimos catro anos. E sustenta a súa argumentación "en vagas previsións de futuro sobre os prezos da materia prima, da enerxía ou do custe do produto final".

Dende a CIG lamentan que a empresa non faga patente como contribúe o ERTE á estabilidade económica da empresa, tendo en conta que, segundo a documentación achegada, os gastos de persoal apenas representan "un ridículo 9% dos custes".

 

O BNG esixe internvención á Xunta

Durante a Comisión de Industria celebrada este martes no Parlamento de Galicia, a deputada do BNG, Noa Presas pediu á Xunta de Galicia que se implique e inste a Ferroatlántica a manter os postos de traballo nos dous centros de produción sobre os que recae unha ameaza de ERE.

Na defensa da proposición non de Lei, a nacionalista tamén reclamou demandar a “reactivación inmediata dos fornos 13 e 14 de Cee-Dumbría” e cesar no desmantelamento encuberto das fábricas.

Por outra parte, lembrou que  Ferroatlántica debe cumprir cos requisitos das concesións hidroeléctricas do Río Xallas e de non facelo, cominou á Xunta a iniciar “o proceso de reversión”. A parlamentaria do BNG tamén explicou que Ferroatlántica é unha empresa clave en Galicia polo volume de traballadores e traballadoras e polo seu carácter  electrointensivo e criticou que a explotación dos recursos naturais respondan a un modelo “colonial   descontrolado e permitido pola Xunta de Galiza a cambio de poucas ou ningunha esixencia”.

Por isto, a deputada  pediu  á Xunta que abandone o seu “inmobilismo”  e esixa a Villar Mir frear a deslocalización encuberta de Ferroatlántica en Cee-Dumbría e paralice a formalización do ERE temporal previsto para 1 de marzo de 2019 ata o 28 de febreiro de 2021.

Presas recalcou que Ferroatlántica, a pesar dos grandes beneficios, non desenvolveu investimentos de modernización da empresa e incumpre sistematicamente os compromisos de mantemento e aumento do emprego. De levarse a cabo o ERE, advertiu que ademais de destruír empregos fixos afectará durante dos anos ao traballo do persoal eventual e de auxiliares.

En opinión da deputada,  no caso de que  Ferroatlántica continúe destruíndo   emprego e actividade produtiva, o Goberno galego debe   demandar do Goberno central a paralización de calquera tipo das compensacións contempladas no Real Decreto  20/2018 para as industrias electrointensivas ao incumprir as condicións das empresas electrointensivas,

A proposición non de lei que foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido Popular.

Novas do co conflito #Ferroatlántica

Comentarios