Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Constituída formalmente a Plataforma SOS Sanidade Pública Costa da Morte

  • A entidade fai un chamamento para participar na manifestación do 12 de febreiro en Compostela.
Manifestacion contra os recortes en pediatria-Foto-Paula Castineira pan
Manifestacion contra os recortes de 2020-Foto-Paula Castiñeira
Constituída formalmente a Plataforma SOS Sanidade Pública Costa da Morte

Tras anos de loita detrás da pancarta Pediatras e Matronas XA!, a fisterrá Vanesa Viquendi e o seu grupo de colaboradoras vén de dar un paso para unir forzas na súa loita por reivindicar unha sanidade pública digna e de calidade. Veñen de constituir formalmente a Pñlataforma SOS Sanidade Pública Costa da Morte, para aglutinar todas as entidades do ámbito profesional sanitario, sindical e de pacientes que teñen un mesmo obxectivo.

”Na Costa da Morte nos atopamos cunha atención primaria abandonada, con centros de saúde obsoletos, cunha falta de investimento na equipación necesaria para poder desenvolver unha atención sanitaria de calidade, cuns ratios de persoal insuficientes que cada vez teñen que atender a unha poboación máis envellecida, e cunha cobertura insuficiente das pediatras e matronas nos distintos centros de saúde, que favorece que a poboación busque na sanidade privada o que se lle nega na pública”, explica Viquendi.

Colleita de sinaturas

Por iso continúan coa colleita de sinaturas para impulsar a Iniciativa Lexislativa Popular da Plataforma que pretende que se debata e aprobe no parlamento galego unha serie de medidas encamiñadas á mellora sanitaria:

  • Salvagardar a calidade da atención os/as pacientes: atención presencial, mínimos na dispoñibilidade de centros e persoal por habitante e reabrir as consultas, Centros de Saúde e PAC de Urxencias pechados durante os últimos anos.
  • Acabar coa inestabilidade e precariedade do persoal e realizar, como mínimo, unha convocatoria anual de prazas. Incrementar o persoal, incorporando novas categorías profesionais e ofrecer unha asistencia integrada.
  • Recuperar as Xerencias de Atención Primaria para dotala de capacidade de planificación e autoxestión e acabar co seu sometemento aos hospitais. Que sexan o elemento esencial para organizar e integrar a Atención Primaria cos hospitais, saúde pública, asistencia social e atención á dependencia.
  • Desenvolver as conclusións do Consello Técnico de Saúde de Galicia.
  • Poñer en marcha o Consello de Saúde de Galicia e os Consellos de Saúde de Área Sanitaria, para que a poboación teña capacidade real de planificar, decidir e avaliar a actividade dos centros.

”Estas medidas, recollidas na ILP, deberían aprobarse de maneira urxente polo Parlamento de Galicia (dada a gravidade da situación da Atención Primaria, en risco real de desmantelamento e privatización) e ir acompañadas dun incremento do orzamento de Atención Primaria ata alcanzar o 25% do total”, sinala Viquendi, que lembra que tamén están levando mocións a todos os Concellos.

Este é o mapa onde hai follas de sinaturas:

Manifestación

A Plataforma fai tamén un chamamento á poboación da Costa da Morte a participar activamente na Manifestación do vindeiro 12 de febreiro ás 12:00h en Compostela convocada pola plataforma nacional, previa ao debate da ILP para salvar a atención primaria e o sistema sanitario público galego.

Manifestacion SOS Sanidade Publica 022023

Novas relacionadas

Comentarios