Vernes. 21.06.2019
El tiempo

A contaminación da ría de Corcubión, de volta ao Parlamento Europeo

Representantes do BNG e da CIG dando a alarma pola ría de Corcubión
Representantes do BNG e da CIG dando a alarma pola ría de Corcubión
A contaminación da ría de Corcubión, de volta ao Parlamento Europeo

Unha vez máis a eterna contaminación na ría de Corcubión volverá estar presente no Parlamento Europeo. Desta vez, será o concelleiro do BNG de Cee, Serxio Dominguez o que acoda, invitado pola eurodeputada Ana Miranda ao Europarlamento, os días 21 e 22 no marco dunhas xornadas sobre a normativa europea da auga e a súa aplicación.

Nelas participarán representantes da Comisión Europea, tanto da direción xeral de medioambiente como da direción xeral de fondos estructurais FEDER, ademais de distintos colectivos como Adega e outras plataformas de todo o país relacionadas coas denuncias por falla de saneamento e contaminación nos ríos e rías.

“Pretendemos expoñer diante dos representantes da comisión europea a situación da nosa ría, onde a contaminación por augas fecais, derivada da mala separación destas das augas pluviais, e por tanto o mal tratamento posterior na EDAR, converten a ría no vertedoiro de millóns de litros de auga diarios sen depurar“, declarou Domínguez.

“Cando se fala de contaminacion das rías no país, sempre se incide nas rías do Burgo en A Coruña ou na ría de Vigo, pola súa trascendencia ao se tratar das dúas grandes cidades galegas, mais tamén hai outras como a nosa, onde a importancia non é menor. De ter uha ría limpa poderíamos volver ver estampas como as de fai décadas, con xente mariscando a diario nela. Imaxinemos por un momento que unha emrpesa de fora anuncia que se vai instalar no polígono de Cee e que iso vai supór 20 ou 30 postos de traballo, ben, pois iso pode pasar cando a ría volva a non estar contaminada, que varias ducias de persoas poderán tela como fonte de traballo e ingresos. Todo isto sen esquecer por suposto, a importancia de dar solución a un problema de saúde pública como e que teñamos a ría nas condicións que está”, apuntou tamén o concelleiro e responsable comarcal do BNG.

Logo do estudo feito pola Xunta, nos anos 2012-2013 cun custe de mais de 240 mil euros, e cando rematen o actual de mais de 120 mil, con fondos europeos, é necesario poñer os cartos precisos para levar as conclusións adiante, do contrario a inversión neles non valerán absolutamente para nada.

Comentarios