Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Coristanco tamén se apunta ás citas Micolóxicas

Coristanco tamén se apunta ás citas Micolóxicas
V xornadas micoloxicas Coristanco 2012

Non é nova, xa van 5 anos desta cita micolóxica bergantiñá, que completa a oferta para esta fin de semana en Vimianzo e para a seguinte en Cee. É a Asociación Cultural Deportiva Ponte Lubián a que artella estas V Xornadas Micolóxicas de Coristanco para os vindeiros xoves 2 e venres 3 de novembro.

As xornadas terán lugar no Edificio de Servizos Múltiples de Coristanco, e terá este programa;

  • Venres 2:
    - Ás 20:30h: Charla introductoria a cargo de Juan Carlos Lauroba.
  • Sábado 3:
    - Ás 9:30: Saída dende o Edificio de Servizos Múltiples de Coristanco para recoller setas nos montes da zona.
    - Ás 13:00: Selección e degustación das setas recollidas.

Máis información

  • Inscrición: 10 euros (socios 5 euros)
  • Interesados: 639 630 152 (Andrés)

Novas micolóxicas

Nocións micolóxicas con José Manuel Castro Marcote

Fonte

  • Asociación Cultural Deportiva Ponte Lubián. Coristanco.

Comentarios