Martes. 23.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte conta con 17 praias sen fume

Praia do Lago de Camarinas sen fume
Praia do Lago de Camariñas, unha das praias sen fume
A Costa da Morte conta con 17 praias sen fume

Presentou a Xunta a listaxe da Rede Galega de Praias sen Fume para este verán 2021. Trátase dunha campaña da Consellería de Sanidade, dentro do 'Programa Galego de Promoción dunha Vida Sen Tabaco', que pretende concienciar sobre a proteción do medio ambiente e promocionar unha vida sen tabaco.

Das 70 praias dos 26 concellos da provincia, 17 praias e 9 concellos son costeiros:

  • Cabana: Praia de Rebordelo.
  • Camariñas: Praias de Arou, Lingunde, O Ariño e O Lago.
  • Carnota: Mar de Lira, San Mamede (Boca do Rio), San Pedro e Lariño.
  • Corcubión: Quenxe e Santa Isabel.
  • Dumbría: Praia do Ézaro.
  • Laxe: Arnado, Traba, Soesto, Laxe-Centro, Laxe-Esqueda.
  • Muros: O Cabo (O Castelo), A Rocha, Ventín-O Salto.
  • Muxía: Praia da Cruz, Area Maior.
  • Ponteceso: Ermida, Balarés, Niñóns, Osmo e Arnela.

Comentarios