Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte deu a Volta por 150 países

O Muro do Ezaro na Vuelta 2020-Foto- Rafa Quintans
O Muro do Ézaro foi xuíz da Vuelta 2020-Foto- Rafa Quintáns
A Costa da Morte deu a Volta por 150 países

Espectaculares imaxes as que percorreron o mundo coa 13ª etapa desta singular Vuelta a España 2020. Os planos aéreos das zonas dende a Ría de Muros (Esteiro do Tambre, Ponte Nafonso…) ata Fisterra, pasando polo casco de Muros, o Monte Louro, a praia de Carnota, os seus hórreos, o Monte Pindo, a ensenada do Ézaro… miráronse no 150 países que retransmiten unha das tres grandes probas do panorama ciclista internacional.

Ademais, as imaxes estiveron ben aderezadas polos comentarios de Perico Delgado e de Carlos de Andrés, aos que se lles nota que lles encanta vir e disfrutar da nosa comarca. Imaxes que tamén recolleron algunhas das nosas reinvidicacións, como esa pancarta da Plataforma PediatrasXa! ou esoutra do Comité de XEAL.
Mágoa que non estiveran as estradas ateigadas de afeccionados como nos últimos anos, pero a alerta sanitaria manda e foron poucos, pero ruidosos, os veciños que se achegaron a animar aos ciclistas.

Acicate turístico

Unhas estampas que sirven de inmellorable escaparate para o sector turístico da Costa da Morte. Así o levan comprobado o Concello de Dumbría, pois esa repercusión mediática levou multiplcar por 40 as visitas turísticas só no punto de información turística do Ézaro dende que en 2012 pasou por primeira vez o pelotón.

Estes días ademais todos os hoteis da comarca colgaron o cartel de completo, o que supón un pequeno oasis, neste fatídico 2020. Pouco importaron os males menores que supuxo a chegada do pelotón, que impediron aos muradáns usar o seu porto durante 4 días, o peche da AC-552 durante 7 horas ou o “festivo” no cole de Carnota pola falta de accesibilidade.

Subida ao Alto do Ezaro-Foto-Mario Rodriguez
Subida ao Alto do Ézaro-Foto-Mario Rodriguez

Máxima emoción deportiva

E mellor non puido darse a contrarreloxo, sendo tan decisiva como se formulaba. A igualdade entre os 3 do podio foi total, se ben Roglic demostrou unha xestión dos tempos brillante e fixo unha subida brutal do 1,8km quilometro, superando o temido Muro e sacando un tempo importante, pero non suficiente para sentenciar, ao ecuatoriano Richard Carapaz e a británico Hugh Carthy.

Ficamos menos contentos coa perda de opcións de podio de Enric Mas, pero o Muro convertiuse en xuíz e parte da Volta 2020.

Valverde ao seu paso por Larino-Foto-Oscar Leis
Alejandro Valverde ao seu paso por Lariño-Foto-Oscar Leis

Resumo en vídeo

Novas relacionadas

Comentarios