Martes. 19.03.2024
El tiempo

A Costa da Morte esperará por La Vuelta

Pequeño, Perico Delgado, Cristina Capelan presentando La Vuelta 2020 pola Costa da Morte
José Manuel Pequeño, con Perico Delgado e Cristina Capelan presentando La Vuelta 2020 o pasado mes de decembro
A Costa da Morte esperará por La Vuelta

O 1 de setembro ía ser outro día histórico na Costa da Morte. Chegaba, por terceira vez, unha etapa de La Vuelta á bisbarra, cunha contrarreloxo con final no temido internacionalmente Alto do Ézaro.

Pero a crise sanitaria obrigou ao Tour de Francia a retrasar o seu desenvolvemento. A proba francesa, a máis importante do mundo, desenvolverase, se é posible do 29 de agosto ao 20 de setembro.

Sería despois, aínda que a UCI non o fixo oficial, cando se poida celebrar o Giro de Italia, e en ultima instancia, La Vuelta, que se disputaría polos meses de outubro e/ou novembro.

O alcalde dumbriés, José Manuel Pequeño está en permanente contacto co Director de La Vuelta, e o interese é facer La Vuelta e facer a etapa do Ezaro. "Agora xa hai un escenario, e están negociando as datas, pero non podemos esquecer o escenario no que nos movemos, porque pode cambiar todo. Pero contamos que si que se poida celebrar, e contamos ademais co apoio total da Deputación da Coruña", explica.

"Para nós é súper importante, primeiro polo problema que leva enriba xa a hostalería, e esa fin de semana ía ser unha gran inxección, e sabemos da importancia destas accións que fan motor económico do secttor hostaleiro e túrístico. E segundo, temos que pensar no futuro, e isto poder ser un relanzamento da imaxe da Costa da Morte moi necesario".

Novas relacionadas

Comentarios