Martes. 19.03.2024
El tiempo

As Costas da Morte en FITUR (I): O ciclismo como motor turístico

Presentacion do Gran Fondo Ezaro e La Vuelta pola Costa da Morte en Fitur
Presentación do Gran Fondo Ezaro e La Vuelta pola Costa da Morte en Fitur
As Costas da Morte en FITUR (I): O ciclismo como motor turístico

Volve FITUR, a Feira de Turismo máis grande do estado que ademais cumple 40 anos, e volve a Costa da Morte levar unha gran e diversa expedición. A pesar dos esforzos de Turgalicia por unificar a presencia e amosar unha faciana semellante para cada Xeodestino, a presencia da nosa comarca foi máis variada que nunca.

Por un lado, a CMAT, a patronal participada pola Xunta e a Deputación que xestiona o Xeodestino, presentou a nova liña de promoción “4 maneiras de vivir intensamente a Costa da Morte”.

Por outro, @s alcaldes/as de Camariñas, Cee, Vimianzo e Muxía (que cedeu parte da súa intervención á asociación Muxía Natural) conseguiron espazo no stand de Turespaña para presentar as súas marabillas.

E por outro, o Gran Fondo Ézaro UCI World Series 2020 foi otro do grandes reclamos da bisbarra, coa Deputación e o Concello de Dumbría á fronte, pero con outros 5 concellos detrás.

Lamentablemente, esqueceron un dos recursos máis importantes da Costa da Morte, O Camiño dos Faros. O proxecto nado dende a sociedade civil, que xera unha ruta de sendeirismo sostible e responsable en toda Europa, recoñecido co «Premio Galicia al Turismo Sostenible» no estará este año en Fitur 2020. ”Si estarán presentes a Ruta dúas Faros de Galicia do GALP e Turismo da Xunta, a Senda dúas Faros do Instituto de Estudos do Territorio e a Senda dúas Faros ciclista da Diputación da Coruña, grandes proxectos turísticos aos que lle desexamos o maior dos éxitos”, lamentan os trasn@s.

Comezamos o repaso ás presencias costeiras polo Gran Fondo Ézaro e La Vuelta e continuaremos polos outros proxectos.

Gran Fondo Ézaro e La Vuelta: O deporte como promotor turístico

Presentacion ateigada do Gran Fondo na FITUR
Presentacion ateigada, por xentes da Costa, e xentes da zona e touroperadores, do Gran Fondo na FITUR

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira e o deputado e alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño Castro, ademais de destacadas figuras do mundo deportivo e do audiovisual, participaron na presentación da nova edición do Gran Fondo Ézaro e a contrareloxo de la Vuelta que convertirán a Costa da Morte nun “Olimpo ciclista” con difusión internacional.

Participaron, ademais do condutor do acto, Terio Carrrera, o ciclista Ezequiel Mosquera, os actores Federico Pérez Rey e Antonio Durán “Morris”, o director de La Vuelta, Javier Guillén, o exciclista Óscar Pereiro, o xornalista Javier Ares ou da responsable de Turismo de Galicia, Nava Castro, entre outros. Todos Destacaron “a oportunidade que estas citas deportivas ofrecen para promocionar unha paisaxe espectacular dun territorio que ofrece tamén unha gastronomía única, un rico patrimonio histórico, artístico e natural e a posibilidade de vivir experiencias singulares nunha aposta polo turismo de calidade”.

Promocionarse como turismo sostible é un dos obxectivos do deputado de Turismo Xosé Regueira, que definiu a bisbarra como un "un territorio que ofrece a oportunidade de ser coñecido en rutas a pé, en bicicleta ou nunha táboa de surf e que, con estas dúas citas, mostra ao mundo unha paisaxe formidable con recursos de interese turístico único, coma a súa gastronomía e mesmo a xente que habita un territorio que será a mellor herdanza para as vindeiras xeracións".

Pola súa parte, Pequeño afondou na posta en valor do “icono galego a nivel internacional como é o mirador e a cascada do Ézaro, o Monte Pindo e toda a Costa da Morte”, tanto co Gran Fondo, que terá unha homenaxe ao mítico da ONCE, como a decisiva etapa de La Vuelta, que porá en valor en máis de 190 países as paisaxes de toda comarca.
No caso do Gran Fondo Ézaro, que se celebrará o 5 de xullo, os concellos implicados son Dumbría, Cee, Carnota, Muxía, Muros e Vimianzo. Na contrarreloxo da Vuelta a España (o 1 de setembro), as paisaxes que lucirán serán as de Muros, Carnota e Dumbría. 

Todos queren sair na foto da presentacion do Gran Fondo e La Vuelta en FITUR
Todos queren sair na foto da presentacion do Gran Fondo e La Vuelta en FITUR

Novas de interese

Comentarios