A Costa da Morte moi presente tamén nos finalistas aos Premios Martín Códax

Os membros de The Rapants como finalistas dos Martín Codax, xunto a Lucía Aldao e Mai

Está nun momento doce a cultura da Costa da Morte. Vímolo nos Premios María Casares, onde a nosa compañía Talía Teatro arrasou; vímono esta semana no Concurso xuvenil Quero Cantar, que levou a larachesa Daniela Montes; ou nos Premios aRi[t]mar, que levou a banda De Ninghures tras unha final chea de propostas costeiras.

Toca repasar a presenza costeira nos finalistas dos Premios Martín Codax da Música. Xa o ano pasado chegaban á finalísima dos “Grammy galegos” a ceense María Lado con Aldaolado e a banda carballesa Apart. Este ano a presenza é maio:

  • Os muradáns The Rapants, unha das bandas de moda do país, competirán precisamente con Lucía Aldao e Mai, na categoría Pop e Indie. Os divertidos costeiros xa foron finalistas no aRitmar.
  • Caamaño & Ameixeiras, outras das nosas finalistas no certame aRitmar, competirán con De Ninghures (cómpre lembrar que o carballés Hadrián García é parte da banda compostelá), e a gran Susana Seivane na categoría Folk.
  • Temos tamén aos muradáns Terbutalina competindo na categoría Rock & Punck con Mad Martin Trio e Moloch.
  • A zaseira Antía Muíño está nominada á Mellor Canción de Autor/a, e na finalísima estará nada menos que ante as históricas Guadi Galego, e Uxía "A Pedreira".
Antía Muíño, á esquerda, recollendo a botella de finalista
Miguel Cernadas, á esquerda, o cantante de Terbutalina,

Podedes ver aquí todos os finalistas aos Premios Martín Codax 2024.

Máis novas culturais