Mércores. 13.11.2019
El tiempo

A Costa da Morte tamén sae á rúa contra a Manada de Manresa

A Costa da Morte tamén sae á rúa contra a Manada de Manresa

A sociecade civil volve indignarse ante unha decisión xudicial. Xa tivo que ser a sociedade a que saíse á rúa (ata en tres ocasións), para que a resolución xudicial da Manada fose revisada. Este luns 8 de xullo, coincidindo coa declaración da vítima, numerosos colectivos de todo o estado, e tamén da Costa da Morte, farán concentracións contra a violación de 7 mozos a unha rapaza de 14 anos, acontecida en 2016 en Manresa.

Baixo o lema “Por ela, por todas. Se tocan a unha, respostamos todas”, colectivos da bisbarra únense a un completo mapa de cidades españolas que darán esta concentración en apoio á vítima e en contra da resolución. Son xa case 200 as cidades españolas que se concentran coas palabras atribuidas aos presuntos agresores: “Tienes 15 minutos, no tardes que me toca a mí”.

Na Costa da Morte, está confirmada a concentración de Laxe, de 20:00 a 20:20h na Praza Ramón Juega co berro NON É ABUSO É VIOLACIÓN || EU CRÉOTE || XUSTIZA PATRIARCAL.

Convocatorias na Galiza contra as violacións da Manada de Manresa e en apoio á vítima.

  • Allariz 20h Praza do concello
  • Ames: 20h Praza da Maía
  • As Pontes 18h Praza do hospital
  • Cambados 21h diante do concello
  • Cangas 18h diante do concello
  • Coruña 18h diante do concello
  • Compostela 20h Praza 8 de marzo
  • Cuntis 21h Praz da árbores
  • Ferrol 20h Cantón de Molíns (diante palco música)
  • Foz 20:30 diante do concello
  • Laxe 20h Praza Ramón Juega
  • Lugo, 20h diante do concello
  • Marín 20h diante do concello
  • Miño 21h diante do concello
  • Monforte 20h Praza de San Antonio
  • O Porriño 20h Praza do concello
  • Ourense 20h Praza Maior
  • Pontevedra 18h Concello (Praza de España)
  • Redondela 20.00h diante do Concello
  • Ribadavia 20h Praza Maior
  • Ribeira 20:30 Praza do concello
  • Vilalba 20h Praza da Constitución
  • Vilagarcía 20h diante do concello
  • Vigo 20h diante do MARCO

Novas relacionadas

Comentarios