Xoves. 10.10.2024
El tiempo

A crise climática chega aos Concellos da Costa a través dun grupo de mestres #Teachersforfuture

Teachers For Future Costa da Morte
Teachers For Future Costa da Morte
A crise climática chega aos Concellos da Costa a través dun grupo de mestres #Teachersforfuture

Un grupo de profesores dos centros de ensino da Costa da Morte, que forman parte do movemento mundial Teachers for Future, prentende involucrar aos Concellos da bisbarra na loita contra a “crise climática” (o de “cambio” xa quedou obsoleto dada a gravidade da situación). Os mestres, seguindo as liñas da Alianza pola Emerxencia Climática, vai enviar un comunicado para esixir as corporacións municipais recén formadas que declaren a emerxencia climática e aposten por medidas de sostenibilidade e redución da pegada ecolóxica a nivel municipal.

A moción vaise presentar esta semana en Concellos como Carnota, Muros, Noia, Outes e Cee, e posiblemente irá medrando por toda a bisbarra, noutra nova demostración de como a sociedade civil vai empurrando aos nosos representantes pola senda medioambiental. Algo semellante aconteceu en Carnota e Corcubión onde os plenos acordaron declararse Libre de Eucaliptos gracias ao impulso veciñal.

Un xeito de traer a loita global ao eido máis local, dende onde verdadeiramente se poden cambiar as cousas, como comprobaron de primeira man os cativos do CEIP Praia de Quenxe, despois de coñeceren a Greta Thunberg.

Esixencias da moción

Na moción, o colectivo nacional de mestres piden aos Concellos que se comprometan aos seguintes puntos:

  • 1. Establecer os compromisos políticos, normativas e recursos necesarios para garantir reducións de gases de efecto invernadero para chegar ao balance neto cero non máis tarde de 2040 e se é posible antes de 2035, así como deter a perda da biodiversidade e restaurar os ecosistemas como única resposta posible para evitar un colapso de todos os sistemas naturais, incluído o humano.
  • 2. Abandonar os combustibles fósiles, apostando por unha enerxía 100 % renovable de xeito urxente e prioritaria. Para iso os gobernos municipais deben analizar como lograr este obxectivo e propoñer os plans de actuación necesarios, entre outros, frear novas infraestructuras fósiles, alcanzar o pleno autoconsumo eléctrico 100% renovables e unha movilidad sostenible canto antes, crear espazos peatonales, fomentar a bicicleta e outros medios de transporte non contaminantes, reducir a demanda de enerxía ata consumos sostenibles, promover o aumento da eficiencia energética e das instalacións renovables, crear espazos educativos e a información á poboación sobre a urxencia climática, alcanzar unha política de residuo 0, ?, evitar os bancos cos que traballa o municipio que financien proxectos baseados en combustibles fósiles Apoiar a xestión dos comunales enfocada á recuperación da terra fértil e o freo da erosión. A recuperación dos acuíferos, a recuperación dos pastos a través da xestión intelixente do territorio, determinar apoios e beneficios fiscais para a españa baleirada que desenvolve funcións craves de mitigación do cambio climático e abordar proxectos de regeneración rural, ecolóxica e humana.
  • 3. É necesario avanzar, entre outras, nunha economía local e de proximidade, que impulse a soberanía alimentaria, silvicultura, agricultura e ganadería ecolóxica e de proximidade. Alcanzando canto antes o pleno fornezo agroecológico nos servizos de restauración municipais e estendéndoos ao resto da poboación.
  • 4. Iniciar a necesaria adaptación dos municipios á crise climática, coas consecuencias do incremento da temperatura global, as olas de calor, a irregularidade das precipitacións, o aumento do nivel do mar e outras manifestacións que xa se están manifestando.
  • 5. A xustiza, a democracia e a transparencia deben ser alicerces fundamentais de todas as medidas que se apliquen, por haino que establecer un mecanismo de toma de decisións cidadán de carácter vinculante con competencias en materia de vixilancia, seguimiento e control das medidas adoptadas. Para iso será necesario establecer indicadores e obxectivos verificables e cuantificables. Faise necesario garantir que este mecanismo integre especialmente a visión de xénero e doutros colectivos vulnerables.

Novas relacionadas

Comentarios