CxG propón un gran pacto contra os lumes


Vén de presentar o grupo Compromiso por Galicia a súa visión cara onde ten que virar o país tralo fatídico fin de verán pasado polas lapas. A muradá María Xosé Alfonso, Coordinadora provincial de A Coruña de CxG e Balbina Gándara Antelo, coordinadora comarcal de Costa da Morte, propuñan onte un "gran pacto contra o lume", para por en valor os montes e loitar contra esta lacra.
Se ben entende que a culpa é dos que prenden o lume, CxG atinxe "a responsabilidade de estes incendios arrasen cada ano miles de hectáreas a quen goberna, neste caso do PP".
Entenden que "a pesar de ter consumido miles de millóns de euros, levamos máis de 20 anos de continuos fracasos na loita contra o lume, fracasos derivados dunha mala política forestal cunha ausencia total de labores de prevención e de iniciativas que poñan en valor o noso monte e o conxunto do medio rural". E a isto aínda "hai que engadir a prevalencia dos intereses partidistas por enriba dos intereses do noso monte", criticando que o PP se ausentase do pleno para solicitar zona catastrófica en Carnota, e que non activase o fondo de emerxencias para evitar posibles riadas.

Por un gran pacto
Pero ademais das críticas ao goberno, pide un "gran pacto para pór en valor o monte e loitar contra o lume, un pacto no que deben estar ademáis das forzas políticas do noso país outras organizacións como comunidades de montes, profesionais do sector forestal, asociacións de cazadores, organizacións agrarias, grupos ecoloxistas, etc..... "
Un pacto que tería que acabar "nunha Lei aprobada no Parlamento Galego por consenso", e que nel se recollan medidas de calado como:
- A restructuración do terreo forestal, facilitando así a rendibilidade coa redución do número de parcelas;
- A ordenación do territorio en función do tipo de actividade (produción de madeira, pastoreo, apicultura,....);
- A modificación do enfoque das inversións e dos traballos do operativo de loita contra o lume, desestacionalizando as súas labores e implementando medidas que fagan posible nun futuro inmediato adicar máis inversión e esforzos á prevención e á vixiancia e menos á extinción.
- Profesionalizar o operativo que debe ser público, cun número estable de efectivos ao longo do ano e cun mando único para evitar descoordinación.
- Apoiar a posta en marcha de proxectos singulares que poñan en valor o monte e de medidas que permitan que se poidan pór en produción as terras agrarias abandonadas.
Máis información
- Album de Fotos sobre o Incendio no Facebook de Que pasa na Costa .
- Twitter @Quepasanacosta ou #IFCarnota.
Novas sobre o #IFCarnota
- 18-09-13: Saltan as muxicas da crispación arredor do Monte Pindo.
- 16-09-13: A Comunidade de Montes de Caldebarcos e a Cooperativa de Quilmas alzan a voz dende a terra queimada.
- 15-09-13: Existe unha verdadeira investigación policial sobre o incendio?.
- 14-09-13: Acabou o inferno. Toca traballar na recuperación, reflexionar e investigar.
- 14-09-13: O lume máis devastador chega ao Ézaro mentres o pobo se fractura.
- 13-09-13: Continúan as lapas ameazando o Pindo e ao Ézaro cando chegan as primeiras reflexións.
- 12-09-13: Un incendio arrasa o Monte Pindo e obriga a desaloxar varias aldeas de Carnota.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).