Venres. 26.04.2024
El tiempo

De visita a Madrid

De visita a Madrid
Quince usuarios e usuarias de Integro visitan estes dias a capital dentro do programa Respiro Familiar Vacacional Quince usuarios e usuarias de Íntegro están de visita en Madrid dentro do programa Respiro Familiar Vacacional Un grupo de 15 usuarios e usuarias da asociación Íntegro xunto con 4 monitores e monitoras atópanse estes días en Madrid dentro do programa Respiro Familiar Vacacional, cofinanciado por LaCaixa de Baio. A expedición iniciou o luns pola mañá unha viaxe de catro días coa finalidade de gozar dunhas xornadas de descanso visitando algúns doslugares máis emblemáticos da capital. Aínda que se trata do primeiro ano que se pon en marcha esta actividade, dende a asociación destacaron a boa acollida que esta viaxe tivo entre os usuarios e as usuarias e as súas familias acadando unha excelente resposta e unha participación que supera o 90%. Ademais da colaboración da entidade bancaria, esta iniciativa tamén está subvencionada con fondos do centro ocupacional procedentes da elaboración e comercialización dos produtos -  Bicos de Amora, obxectos de bixutería e decoración, e todo tipo de detalles personalizados -. Un intenso e excelente traballo que deu os seus froitos grazas á confianza de moitas persoas anónimas que apostaron polos estes artigos para agasallar en eventos e celebracións especiais. O resto da viaxe foi sufragada pola entidade e grazas a pequenas aportacións dos familiares dos participantes. Programa Tras visitar Segovia - con parada obrigada no acueduto e na cidade vella - o martes tocou percorrido polo zoo-acuario de Madrid. Durante a mañá de onte desprazaranse ata a zona centro da capital para coñecer as principais rúas da cidade - zona Preciados, Porta do Sol, Gran Vía - e visitar o emblemático estadio Bernabéu. Xa pola tarde achegáronse ata o parque do Retiro, onde realizaron unha visita guiada da man do presidente de COFEMFE, Anxo Queiruga. O regreso será hoxe. Novas relacionadas

Fonte

Comentarios