Luns. 29.04.2024
El tiempo

A Deputación leva os sabores da Costa da Morte ao Fórum Gastronómico

Diego Trillo de Pandejuevo coa Deputacion no Forum Gastronomico
Diego Trillo de Pandejuevo coa Deputacion no Forum Gastronomico
A Deputación leva os sabores da Costa da Morte ao Fórum Gastronómico

Boa presenza da Costa da Morte no Forum Gastronómico que se desenvolveu do 7 ao 9 de abril no recinto feiral de ExpoCoruña. Ademais da demostración que levou o equipo de APTCM, a área de turismo e vicepresidencia da Deputación apostou por varios produtos para espallar ante a marea de visitantes que viviu a feria durante estes tres días. Aí estivo Xosé Regueira amparando a actividade dos empresarios, poñendo en valor o noso xeodestino e tamén dando visibillidade ás marcas máis simbólicas da nosa gastronomía.

Lucia Calvo e Jose Iglesias da Despensa de Lujo no Forum Gastronomico
Lucia Calvo e Jose Iglesias da Despensa d`Lujo 

Veteranos xa son nestas lides Lucía Calvo e Jose Iglesias, pois levan máis dun ano axudando á Deputación nestes “saraos” coa Despensa d’Lujo. Ademais de varias demostracións feitas por Lucía, a empresa de Coristanco, tamén formou parte do posto KM0, amparado por Inditex, cunha marea de produtos de máxima calidade cen por cer comarca de Bergantiños.
Jose deixou unha das frases que pode explicar moi ben o que implica para estes empresarios “perder o tempo” (enténdase que os empresarios para vir a estes eventos teñen que retrasar o seu traballo habitual) en vir a estas feiras: “non hai que ser ambicioso, nós con facer un cliente bo, xa imos contentos para casa”

”Se te chama a Deputación non podes dicir que non”, apuntaba Diego Trillo, facendoso coas súas xoias doces de Pandejuevo, xa un dos produtos estrellas da comarca de Fisterra.

Durante as presentacións realizadas ao longo destes días, estiveron varios chefs facendo demostracións no posto provincial, como corcubionés Rafa Fuentes do Carrumeiro, a cabanesa Marisol Martínez Mato do Restaurante Mar de Ardora ou os carballeses Xusto Posse e Marcos Silva da taberna O Lambón.

En clave de produtos houbo pan de Fisterra e pan de Carballo, ademais ds tamén carballeses Cafés Lúa; e houbo tamén percebes da Barca e Congro de Muxía (non puido haber degustación todos os días nin venda de produto), no stand levado polo Concello de Muxía, unha das únicas presenzas municipais nesta feira formulada principalmente para profesionais.

Hai canteira tamén en materia de hostalería, e así o demostrou a nova laxense Maite Carreira (17 anos), resultado nomeada Mellor Tiradora de Cervexa de Galicia.

Puraga Cabalo Pura Raza Galega en Forum Gastronomico

Chamounos a atención a presenza de Puraga, Cabalo de Pura Raza Galega, que conta cun dos produtores na exemplarificante Comunidade de Montes de Esteiro.

Con todo, seguro que algunha presenza se nos escapa, pero en calquera caso, a axuda da Deputación para a posta en valor da nosa gastronomía debería estar máis que asumida pola comarca.

Máis novas

Comentarios