Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Detido por maltratar unha buldog ata a morte

Detido por maltratar unha buldog ata a morte
A buldog chamada Princesa acabou falecendo polo maltrato do seu dono

Hai cousas que son mellor non ver. Pero ás veces é necesario velas para saber ata onde pode chegar unha persoa. Ata a morte levou un veciño a Grela de Carballo a esta cadela de raza buldog americano, de cor branca e marrón, chamada Princesa. Así o corrobora o Servizo de Protección á Natureza da Garda Civil de Arteixo tras deter ao presunto culpable por delito de abandono e maltrato de animal doméstico con resultado de morte.

O animal foi atopado por un viandante á altura de Serantes de Abaixo, na marxe esquerda da cuneta da estrada de Seoana-Oza do término municipal de Carballo ás 10:40 horas do 4 de maio do ano en curso. Cando SERVIGAL tivo coñecemento dos feitos, trasladouse ao lugar, atopando á cadela desnutrida, con dificultade respiratoria, e as mamas inchadas, polo que se lle trasladou a un centro veterinario.

O informe veterinario concluíu que Princesa fora achada “en estado de shock, hipotermia e cadro de deshidratación grave, semiinconsciente constantes fisiológica alteradas, dificultade respiratoria e presenta unha mastitis infectada supurativa”. Logo de prestarse os primeiros auxilios e proceder a aplicarlle un tratamento mostrouse máis consciente e con signos de dor, pero posteriormente faleceu ás 14:00 horas do día 4 de maio de 2017.

Por todo iso, PAPRONA da Garda Civil iniciou unhas investigacións encamiñadas a atopar ao autor dos feitos, podendo deter ao autor.

Zona perigosa no Sixto

Tamén se engade, por parte do Equipo de Protección da Natureza de Arteixo, que existe unha incidencia de cans de raza potencialmente perigosa nas zonas de lugares de Carballo de Arriba, o Outeiro, o Sixto e o Carrizal, polo que fai un chamamento de prevención e exercicio de responsabilidade en virtude destas razas de cans.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios