Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Detido un veciño de Coristanco como presunto autor de dous incendios forestais

Detido un veciño de Coristanco como presunto autor de dous incendios forestais
incendio-coristanco O lume orixinouse nunha zona próxima ás vivendas Un veciño de Muiñoseco (Santa María de Traba, de Coristanco) de 60 anos de idade foi detido por axentes do Seprona de Arteixo como autor de dous incendios forestais que afectaron en total a 0,036 hectáreas. A R.P.D. acúsaselle de orixinar un incendio por unha neglixencia despois de tirar o carbón dunha parrilla a unha finca próxima á súa vivenda. Despois de que prendesen as chamas, este veciño decidiu aproveitar para queimar outros restos noutra finca anexa á súa casa, polo cal o lume descontrolouse creando unha alarma entre os veciños das vivendas próximas.

Novas relacionads

Artigos relacionados

Fonte

 

Comentarios