Xoves. 28.05.2020
El tiempo

Día de folga

Día de folga

Hoxe, 29 de marzo de 2012, QPC tamén fai folga como mostra de responsabiliade cidadá. Pero sobre todo, folga de consumo. I é que habitualmente a edición deste xornal confía pouco nos movementos dos sindicatos actuais, aos que considera, xunto cos partidos políticos, parte da crise. Ou neste caso, parche da crise.

Pero o certo é que a situación laboral segue complicándose e faise comprensible unha auténtica folga xeral, malia que a baixa incidencia das folgas dos últimos anos demostraron que as canles e os propósitos dos sindicatos quedan algo obsoletos ante a situación dos millóns de traballadores que non poden facer folga ou perden o seu posto de traballo, ou da situación dos millóns de parados que nin sequera a poden facer.

O xérmolo da crise vai moito máis aló desta inxusta, tanto como a desenvolta polo anterior goberno Reforma Laboral. E por iso, en QPC, faremos unha folga sen bandeiras, unha folga libre, de obrigado cumprimento polo noso sentido do civismo. Pero fundamentalmente unha folga consumo, á que se están adherindo numerosos colectivos relacionados con Democracia Real Ya, que queren distanciarse das "decisións e actuacións das cúpulas sindicais elitistas", para achegarse á realidade do traballador de a pé. Os conceptos que prantexa o movemento de "asindicalismo, apartidismo e non violencia" serven perfectamente para describir a filosofía deste diario. E nese sentido o movemento rueiro xa traballa noutra manifestación global para o 12 de maio (#12M) para defender o feito que "seguimos sendo persoas, e non mercancía en mans de políticos en banqueiros".

Así, se ben non actualizaremos o diario en todo o día, xa teremos que traballar para seguir a incidencia da folga na bisbarra. Iso si, actualizaremos as redes sociais para os nosos lectores. Iso si, utilizaremos a mínima enerxía posble (apagaremos as luces, a tele, deixaremos o coche aparcado e colleremos a bici...) non mercaremos nin consumiremos nos bares...

Polo de pronto, deixámosvos con algo de información, e volvemos mañá ás 8:00h.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

comentarios