Venres. 29.03.2024
El tiempo

Días de importantes reunión no conflito Ferroatlánica

Membros da CIG nunha concentracion diante de Ferroatlantica-Foto-Rafa QUintans
Membros da CIG nunha concentracion diante de Ferroatlantica-Foto-Rafa QUintans
Días de importantes reunión no conflito Ferroatlánica

Co Comité de Empresa aboslutamente pechado, os traballadores de Ferroatlántica afrontan o Expediente de Regulación Temporal de Emprego. Un ERTE que “non se axusta á legalidade, como non paran de repetir dende a CIG, por non haber xustificación economómica, e pola vinculación coa explotación hidroeléctrica.

Serán estes días importantes. Hoxe, luns, os membros da CIG serán os únicos representes na mesa de negociación que terá lugar en Madrid. Dase esta situación a pesar de non ter a presidencia do Comité pois os outros 7 membros dimitiron dos seus sindicatos, e non están lexitimados para asistir. E ilexítima tamén consideran aesta mesa, porque considederar que a negociación debe facerse en cada centro de traballo. Así e todo, os 6 membros da CIG deciden asistir para defender os intereses das fábricas galegas.

Ademais, o conselleiro de industria, recibe este martes 12 de febreiro ao Comité de Ferroatlántica. Unha reunión para esixirlle que blinde o convenio entre fábricas e centrais.

Reunión negativa con recursos humanos

O pasado venres xa recibían a visita de Jose María Merino Matesanz, Jefe de recursos humanos do grupo Ferroatlántica. Trasladoulles aos membros do Comité que “a situación era critica e había que aplicar un ERTE”.

A reunión foi moi negativa porque xa nin deron garantías de arrancar de novo os fornos 13 e 14 se baixa o prezo da enerxía, como se falara na última asemblea. A Dirección valoraría tamén outros aspectos como o prezo do mineral de Manganeso, o prezo de venda do mercado…

Ante esta situación, recomendados pola asesoría xurídica, e a pesar de non lexitimar a negociación deste luns, asistirán este luns os 6 membros da CIG (ofrecéronlle 3 dos 6 postos aos outros membros do Comité pero non aceptaron, segundo a CIG) para trasladar que “a negociación ten que ser nos centros de traballo e os comités quen negocie pola particularidade de cada centro”.

I é que o perigo é claro. "A empresa fai esta formulación porque deste xeito a defensa dos intereses da Costa da Morte non se ten en conta, xa que a maioría da representación (agás os catro membros da CIG) serían de Boo, Sabón e Madrid", advirten dende a CIG. Fronte a isto, a central defende que as 13 persoas que representan a parte social se repartan polo tamaño dos centros de traballo, de maneira que á Cee lle corresponderían 6 representantes. "Poderíamos facer así unha fronte común e teriamos a maioría en Madrid para frear un ERE que, ademais, está orientado as plantas da Costa da Morte”.

Unidade sindical ante a posible perda de 100 postos de traballo

Aproveita este momento á CIG para soliciitar unha posición sindical unida para defender os intereses da Costa da Morte. A este respecto, a CIG insta os comités galegos a empurrar conxuntamente con este obxectivo porque "o que está en xogo é o futuro da nosa comarca". Lembran que nestes momentos xa están parados dous fornos en Cee e a produción que tiña que facerse na fábrica Brens estase desviando a outras plantas do grupo, a través das que se subministra á clientela propia.

Estas decisións xa teñen unha tradución directa no emprego: dende o 1 de xaneiro o persoal das auxiliares está na rúa e o temporal non vai ser chamado para cubrir a parada e as rotacións. Pero de saír adiante o ERE, alén da afectación sobre os empregados/as fixos/as, durante dous anos non habería expectativa de traballo nin para o persoal eventual nin para o das auxiliares. "Hai preto de 100 empregos que se destrúen. Ferroatlántica está incumprindo a vinculación das centrais hidroeléctricas co complexo industrial, pois non garante nin a viabilidade das fábricas nin o mantemento dos empregos", aseveran.

Máis novas do conflito #Ferroatlántica

  • 06-02-19: Os grupos parlamentarios lembran a blindaxe dos postos de Ferroatlántica á concesión hidroeléctrica.
  • 05-02-19: “O ERE de Ferroatlántica non se axusta á legalidade”.
  • 28-01-19: Ferroatlántica divide ao pleno de Cee.
  • Xaneiro 19: En Marea esixe a Xunta que faga cumprir a concesión a Ferroatlántica.
  • Xaneiro 19: A CIG mobilízase pola readmisión do traballador despedido por un comentario nas rrss.
  • Xaneiro 19: O Concello de Cee compromete o seu apoio cos traballadores de Ferroatlántica:
  • Xaneiro 19:O berro dos traballadores de Ferroatlántica tamén se escoitou na Coruña.
  • Xaneiro 19: “O PSOE fai unha boa declaración de intencións a 6 meses vista pero en 15 días algún pode estar xa na rúa”.
  • Xaneiro 19: O BNG leva a pleno o peche dos fornos de Ferroatlántica.
  • Xaneiro 19: En Marea critica o peche dos fornos dunha eternamente subvencionada Ferroatlántica.
  • Xaneiro 19: “Fornos apagados, todos parados”.
  • Xaneiro 19: A parálise de dous fornos e a retirada de materias primas, avisos previos do ERE de Ferroatlántica.
  • Decembro 18: A CIG salta ante o posible ERE temporal nas fábricas de Ferroatlántica.
  • Decembro 18: Ferroatlántica despide un traballador que foi delegado sindical da CIG por un comentario nunha rede social.
  • Outubro 18: A CIG reclama a anulación da votación na que se aprobou o Acordo Marco en Ferroatlántica.
  • Xuño 18: O Comité de Ferroatlántica non saiu con boas sensacións da reunión coa Dirección.
  • Maio 18: O Comité queima o Acordo Marco de Ferroatlántica.
  • Decembro 17: Os traballadores de Ferroatlántica volven concentrarse contra o chamado “Acordo Marco”.
  • Decembro 17: Augas de Galicia confirma que as centrais e a fábrica de Brens son inseparables.
  • Novembro 17: “A gran mentira” do Plan Industrial de Ferroatlántica:
  • 16-05-17: Preocupación no Comité de Ferroatlántica trala falta de compromiso do Conselleiro de Industria.
  • 16-02-17: O Parlamento galego esixe por unanimidade que non se autorice a venda de Ferroatlántica
  • 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica
  • 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas
  • Comentarios