Luns. 06.02.2023
El tiempo

Dúas empresas da Costa da Morte achegan o mundo dos mapas interactivos á cidadanía

Dúas empresas da Costa da Morte achegan o mundo dos mapas interactivos á cidadanía

Que dúas empresas da Costa da Morte se unan xa é nova. Pero que ademais lancen un proxecto de sona internacional xa debería portada en todos os xornais. Así, lanzan unha nova versión de ikiMap (www.ikimap.com), un novedoso servizo que permite ós usuarios crear e compartir os seus propios mapas en Internet dun xeito sinxelo. Nós, de feito, xa o usamos para os nosos Recunchos da Costa, e o avisábamos aló polo 2010: Que trema Google Maps!

ikiMap é un producto lanzado en 2010 pola empresa Sixtema, con sede en Santiago de Compostela, pero con raíces corcubionesas, da man de Alejandro Lamas. E coincidindo co segundo aniversario da páxina decidiuse lanzar unha nova versión, deseñada polo equipo de deseñadores de Galinus, Taller de Novos Medios, de Corcubión.

Durante meses traballaron nun redeseño de interacción e visual da web e incluíronse novas ferramentas para acadar dous obxectivos diferentes. Por unha parte, para simplificar a creación e a publicación de novos mapas. E por outra, co novo deseño os creadores de ikiMap pretenden achegar a utilidade desta ferramenta a todos os públicos.

Modo de uso

Desta forma, os usuarios dispoñen agora dun perfil desde o cal poden xestionar todos os seus mapas, decidir como e onde os publican, comentar outros mapas doutros usuarios, ou limitar a privacidade dos mesmo á súa contorna de amigos ou clientes. Integración con outros servizos.

Como parte do lanzamento da nova versión, os programadores de páxinas web e aplicacións móbiles poden integrarse de forma sinxela con ikiMap, mediante unha aplicación móbil. OruxMaps é unha aplicación para debuxar mapas dende dispositivos móbiles e que permite visualizalos directamente en internet a través de ikiMap.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

comentarios