Eleccións Xerais #10N: O PP volve vencer na Costa da Morte
- Varios veciños denunciaron o roubo de papeletas de varios partidos nunha mesa de Sardiñeiro.
- O BNG volve ser a 3ª forza.
- VOX, queda como 4ª e cambia posición cun afundido Cs.
Os resultados destas Eleccións Xerais do 10N na Costa da Morte van perfectamente paralelos ao acontecido no resto de Galicia. O PP volve gañar na comarca, como en Galicia, despois de que o pasado mes de abril o PSOE rompese cunha histórica serie de vitorias populares.
A distancia na nosa comarca entre ambas forzas é moi pequena, sendo de feito cada unha das dúas forzas a máis votada en 9 dos 18 concellos, e demostrando que o bipartidismo segue bastante presente. O único cambio resultou sen en Muros, onde os populares recuperaron o primeiro posto.
A nota máis salientable, así como no resto do estado, é o intercambio de papeis entre VOX e Ciudadanos. Vox colócase de feito, de 3ª forza en concellos tan dispares como Coristanco, Laxe, Santa Comba, Dumbría ou Muxía. Pero é certo que a formación de extrema dereita non conseguíu nin un dos seus 52 deputados en Galicia.
O BNG volve ser a 3ª forza
Despois das últimas eleccións nas que as irrupcións de Podemos e Cs relegaron ao BNG á 5ª praza, este 10N devolve á formación nacionalista á 3ª praza, permitindo esa irrupción no Congreso cun deputado sacado na provincia da Coruña.
Roubo de Papeletas
Unha das situacións máis estranas vivíronse en Sardiñeiro, onde denunciaron o roubo de todas as papeletas de Vox e Ciudadanos, e algunha do PP (estaban todas metidas dentro da cabina e algún aproveitou para levalas) e a mesa tivo que esperar ata que chegasen novas papeletas, a pesar de que moitos veciños solicitaron que se paralizasen temporalmente.
Votando esta mañá de domingo en Cee-Foto-Rafa Quintáns
Resultados en España
Resultados en Galicia
Novas relacionadas
- Xerais Abril 2019: Eleccións Xerais 28A 2019: O PSOE gaña incluso na Costa da Morte.
- Autonómicas Setembro 2016: Autonómicas 2016: O PP arrasa, unha vez máis, en Galicia e na Costa da Morte.
- Xerais Xuño 2016: O PP volve arrasar nas Eleccións Xerais na Costa da Morte.