#ElecciónsGalegas: O PP mantén a supremacía tamén na Costa da Morte

Gañou o PP dun xeito máis cómodo do que se esperaba estas Eleccións galegas do 18 de febreiro de 2024. Despois dunha campaña vibrante e intensa, o PP conseguía manter a maioría absoluta en Galicia, malia que a nova máis destacada foi a irrupción do BNG como única alternativa real ao goberno popular.
O PP venceu en 18 dos 19 Concellos da Costa da Morte, igual que en 2020. Cómpre aquí facer unha comparativa coas Municipais de 2023, nas que o PP só venceu en 7 concellos, polos 8 do PSOE en 8 e os 4 do BNG.
Só en Corcubión o BNG volveu superar a PP e PSOE. Moi representativos son Concellos como Carballo, Mazaricos, Muros ou Zas, onde goberna o BNG a nivel municipal, pero onde nas Autonómicas segue vencendo o PP.
Ademais, o BNG superou ao PSOE como segunda forza no resto de concellos agás en Camariñas e Dumbría, dous históricos feudos socialistas.
CONCELLO A CONCELLO
Resultados das Eleccións Galegas 2024 en Cabana
Resultados das Eleccións Galegas 2024 en Camariñas
Resultados das Eleccións Galegas 2024 en Carballo
Resultados das Eleccións Galegas 2024 en Carnota
Resultados das Eleccións Galegas 2024 en Cee
Resultados das Eleccións Galegas 2024 en Corcubión
Resultados das Eleccións Galegas 2024 en Coristanco
Resultados das Eleccións Galegas 2024 en Dumbría
Resultados das Eleccións Galegas 2024 en Fisterra
Resultados das Eleccións Galegas 2024 na Laracha
Resultados das Eleccións Galegas 2024 en Laxe
Resultados das Eleccións Galegas 2024 en Malpica
Resultados das Eleccións Galegas 2024 en Mazaricos
Resultados das Eleccións Galegas 2024 en Muros
Resultados das Eleccións Galegas 2024 en Muxía
Resultados das Eleccións Galegas 2024 en Ponteceso
Resultados das Eleccións Galegas 2024 en Santa Comba
Resultados das Eleccións Galegas 2024 en Vimianzo
Resultados das Eleccións Galegas 2024 en Zas
COMPARATIVA
Unha das cousas máis interesantes dos comicios na comarca, é a diferencia entre Municipais e Autonómicas. Aquí unha comparativa das Locais de 2023 e as Galegas de 2020. O cambio é radical en concellos como Carballo, Mazaricos, Zas...
Nas Galegas de 2020 o PP venceu en 18 dos 19 concellos de toda a Costa da Morte (todos excepto en Corcubión, onde gañou o BNG).
Nas Municipais de 2023 o PP venceu en 7 concellos, o PSOE en 8 e o BNG en 4.