Resultados das #ElecciónsGalegas2020: O PP gaña en 18 dos 19 concellos da Costa da Morte
- O PP venceu en todos os Concellos da Costa da Morte agás en Corcubión (gaña o BNG). Suma un 54% dos votos.
- O BNG é segunda forza na Costa da Morte co 25%
- O PSOE baixa á tarceira fora co 17%
- Galicia en Común- Anova Mareas queda, por pouco, por diante de VOX como cuarta forza, pero ambas non conseguen participación parlamentaria. O Parlamento Galego só terá 3 partidos: PP, BNG e PSOE
Este 12 de xullo de 2020 2.7 millóns de galeg@s escolleron a nova composición do Parlamento Galego nunhas novas Eleccións Autonómicas. Unhas Eleccións singulares, diferentes, no marco dunha pandemia, con brotes activos no norte do país, co medo ao contaxio sempre presente, aderezado ademais por un fermoso día de verán. A participación foi do 59%, 5 puntos máis que no 2016.
En todo caso, a decisión dos galeg@s é clara: Feijoo seguirá sendo presidente. O PP arrasou en Galicia como na Costa da Morte, con 42 escanos (un máis que na pasada lexislatura), polos 19 do BNG e os 14 do PSOE. Os tres formarán o Parlamento Galego, pois quedan fóra Galicia en Común - Anova Mareas, como Vox ou Ciudadanos.
A gran subida do BNG (suma 13 escanos máis que en 2016) compensa a baixada das Mareas e Podemos, que sofren a desfeita realizada nesta lexistatura. O PSOE paga a súa falta de carisma e queda cos 14 escanos de 2016.
Na Costa da Morte, o PP gaña en 18 dos 19 concellos da comarca. Só en Corcubión venceu o BNG, e chama a atención que nin sequera en Dumbría o PSOE conseguíu superar ao PP.
Moitas medidas de seguridade nas mesas electorais como nesta de Cee. Foto: Rafa Quintáns
Os resultados concello a concello
Resultados en Cabana
Resultados en Camariñas
Resultados en Carballo
Resultados en Carnota
Resultados en Cee
Resultados en Corcubión
Resultados en Coristanco
Resultados en Dumbría
Resultados en Fisterra
Resultados na Laracha
Resultados en Laxe
Resultados en Malpica
Resultados en Mazaricos
Resultados en Muros
Resultados en Muxía
Resultados en Ponteceso
Resultados en Santa Comba
Resultados en Vimianzo
Resultados en Zas
As promesas do 2020
- As promesas do #12X (V): Galicia en Común - Anova Mareas apenas escoita a comarca.
- As promesas do #12X (IV): O PSOE pon o foco no esquecemento da Xunta á Costa da Morte.
- As promesas do #12X (III): O BNG reparte promisións.
- As promesas do #12X (II): O PP confía na súa supremacía na Costa da Morte.
- 06-07-2020: As promesas electorais (I): Xustiza democrática.
Outras accións da campaña
- 19-06-2020: O BNG tamén abriu a campaña dende unha granxa de Mazaricos.
- 17-06-2020: O PP abríu a campaña do #12X visitando á industria agroalimentaria da Laracha.
- 15-06-2020: Gonzalo Caballero abre a campaña costeira do #12X.
Artigos relacionados
Resultados de anteriores eleccións
- Xerais Novembro 2019: O PP volve vencer na Costa da Morte.
- Xerais Abril 2019: O PSOE gaña incluso na Costa da Morte.
- Autonómicas Setembro 2016: O PP arrasa, unha vez máis, en Galicia e na Costa da Morte.