Eleccións Xerais 2023: O PP volve arrasar na Costa da Morte
Mentres facemos contas entre os bloques da esquerda e da dereita no total do estado, na Costa da Morte as eleccións terían unha cor clara: azul PP. O Partido Popular suma arredor dos 10.000 votos máis que en 2019 e recupera a superioridade habitual, despois de que nas pasadas eleccións xerais o PSOE sumase 1.500 votos máis que o PP.
Desta volta, o PP venceu en todos os Concellos da Costa da Morte á excepción de Corcubión, por certo é o único Concello de toda a provincia da Coruña onde o PSOE superou ao PP. Ata en Dumbría, feudo historico socialista, o PP foi a forza máis votada, cando en 2019 o PSOE tivo máis votos en 10 dos 19 concellos da comarca.
Todo, nunhas eleccións nos que houbo un lixeiro aumento da participación na Costa da Morte, chegando ao 72%, 2 puntos máis que en 2019.
Mentres, o BNG recupera un par de puntos e volve ao seu habitual 10% na comarca, permitindo recuperar a 3ª posición por diante de Sumar, que perde arredor dos 3.000 votos con respecto a Unidas Podemos en 2019.
Outra das novas máis destacables é que VOX segue sen afianzarse como potencia na comarca, sen chegar ao 5%,
Houbo moito retraso na contabilidade dos resultados en Camariñas e Santa Comba, que non chegaron ao 100% escrutado ata chegada as 0:00h.