#12MESES12LOITAS
As Enfermeiras en Loita, unidas con Alba, denuncian a precariedade laboral

Xa teñen saído á rúa para esixir Transparencia, para protestar contra o mal chamado "contrato de estabilidade”, e polo dereito a conciliar. Este mes de novembro, no marco da campaña de protestas #12meses12loitas, o colectivo de Enfermeiras en Loita ían manifestarse polo ratio enfermeira-paciente, pero un suceso televisivo marca a nova loita: a precariedade laboral.
O martes pasado, 5 de novembro, a enfermeira lucense Alba, saíu en varias canles da televisión pública estatal falando da súa vida laboral, que consta duns 400 contratos en 14 anos que leva formando parte das listas de contratación do sergas. Na súa intervención ademais de mostrar públicamente o taco dos contratos que acumula para demostrar a súa vericidade tamén expuxo que tiña tres oposición aprobadas e que iso non lle garantía ter dereito a praza, xa que existía unha taxa de reposición que provocaba que só saíran a concurso un baixo número de prazas de tódalas que hai vacantes. Tamén falou como non, de que vivíamos pegadas a un teléfono os 365 días do ano para optar a un contrato de un, dous ou con moita sorte , quince días para cotizar e gañar o pan ese mes.
Durante a intervención de Alba no programa Espejo Público, presentado por Susana Griso a propia presentadora asegura a Alba que o Sergas facilitoulles datos da súa vida laboral, falsos por certo, como que ela non tiña praza porque suspendera dúas ofertas públicas de emprego. Non contentos con iso tamén expuxeron que a Alba se lle ofrecerá un contrato “de continuidade”, e que ela o rexeitara, por tods as razóns que o colectivo xa nos ten explicado.
Por iso, dende o colectivo de Enfermeiras en Loita queren ”expresar a nosa total repulsa ante estes abusos por parte da administración, e parécenos lamentable que a resposta dunha institución pública á exposición dun problema que afecta a traballadores e a ususarios sexa atacar persoamente a quen se atreve a dar a cara, exhibindo datos sobre a súa persoa, que se supón, son confidencias. Sobre todo cando saben perfectamente que o caso exposto pola nosa compañeira non é un caso illado, senón que é a situación que vivimos miles de traballadores eventuais da sanidade pública galega”.
Por todo iso, o colectivo quere poñer moi claro, o #Coidaaquentecoida, e lembra que este martes 12 de Novembro ás 12 horas, as enfermeiras de todo o país están chamadas a concentrarse nos centros de saúde.
Novas relacionadas
- Outubro 19: As Enfermeiras saíron a rúa esixindo Transparencia ao SERGAS.
- Setembro 19: As enfermeiras loitan contra o teórico "contrato de estabilidade”.
- Agosto 19: As enfermeiras da zona loitan pola conciliación familiar.
- A “continuidade” para o servizo de enfermería significa estar dispoñible 24 horas os 365 días do ano.
- Concentración en Camariñas por "un servizo sanitario digno”.
- Os celadores en loita: “Coida a quen te coida”.
- “Somos o único Hospital do SERGAS que non ten celadores”.
- O SAE reclama a regulación de contratación no HVdX.