As Enfermeiras saíron a rúa esixindo Transparencia ao SERGAS
Cada mes espállase máis polo territorio galego a campaña de mobilizacións baixo o lema “12 meses, 12 loitas” do colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita co seu calendario de mobilizacións baixo o lema “12 meses, 12 loitas”. O pasado mes de setembro saíron á rúa enfocando as críticas nco teórico "contrato de estabilidade”. Este mes de outubro adícano á Transparencia, unha das grandes esquecidas da Xerencia sanitaria.
Tanto no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee como no Centro de Saúde de Muxía, un grupo de profesionais berraron pola transparencia nas contratacións, por coñecer os datos reais sobre a totalidade dos e das profesionais do Sergas ca fin de coñecer con exactitude o estado real da totalidade do cadro de persoal de Enfermaría do Sergas, cos números reais de eventuais para ofertar prazas reais e confirmar a necesidade de abrir máis oposicions. En definitiva, por un sistema de notificacions instantaneo, sen erros.
Enfermeiras en loita no Centro de Sáude de Muxía
As peticións
- Coñecer a tempo real as necesidades  de cobertura e as súas condicións, é dicir os contratos dispoñibles.
- Publicación e actualización en tempo real, no FIDES (ferramenta online dos profesionais) para o persoal aspirante dispoñible, detallando: Tipo de contrato; Servizo no que se desempeñará; e Duración (no caso de ter data de fin).
- Rexistro automático nas aplicacións administrativas da hora exacta na que se acepta o contrato, a quen se lle adxudica e que esta información, sexa accesible para todos os aspirantes da mesma categoría.
- Actualización deste rexistro, no momento.
- Implantación dun sistema de notificacións das adxudicacións efectuadas: tras a aceptación do contrato, que se remita ao adxudicatario a información básica do contrato aceptado, vía telemática (sms, correo electrónico...), para que dispoña dun documento onde conste o tipo de contrato, lugar e quenda a cubrir. (Plataforma telemática similar á dos docentes da Xunta).
- Listas de formación de áreas adxudica e que esta información, sexa accesible para todos os aspirantes da mesma categoría.
Novas relacionadas
- Agosto 19: As enfermeiras da zona loitan pola conciliación familiar.
- Setembro 19: As enfermeiras loitan contra o teórico "contrato de estabilidade”.
- A “continuidade” para o servizo de enfermería significa estar dispoñible 24 horas os 365 días do ano.
- Concentración en Camariñas por "un servizo sanitario digno”.
- Os celadores en loita: “Coida a quen te coida”.
- “Somos o único Hospital do SERGAS que non ten celadores”.
- O SAE reclama a regulación de contratación no HVdX.