Venres. 19.04.2024
El tiempo

Fase cero: paseos, actividades deportivas e ámbito rural

Infografia Fases Desescalada Coronavirus FEGAMP Concellos mais 5000 habitantes
Infografia da FEGAMP sobre as Saídas da Desescalada en Concellos de máis de 5000 habitantes
Fase cero: paseos, actividades deportivas e ámbito rural

Do mesmo xeito que xa acontecera no caso das saídas de persoas menores (das que xa puidemos darvos conta no artigo anterior) as certezas que hoxe aparecen publicadas no Boletín Oficial do Estado, viñeron precedidas de varios días de rumores, noticias incompletas e perspectivas de dubidosa confianza.

Así, optamos por achegarvos información xa contrastada, oficial e en vigor cando xa se teñen publicado as dúas Ordes Ministeriais que estabamos a agardar: a que regula as saídas para paseos e deporte non profesional e a que se relaciona coas actividades agrícolas .

No que se refire ás primeiras, permítese dende as 00:00h do sábado día 2 de maio as saídas do domicilio, coa finalidade de pasear ou facer actividades deportivas non profesionais, en franxas horarias que se determinan en función da idade. Así:

    •    De 6 a 10 da mañá, e de 20 do serán a 23 da noite: saídas para persoas entre 14 e 69 anos (14 anos cumpridos e até os 69 anos e 364 días).
    •    De 10 a 12 da mañá, e de 19 a 20 do serán: saídas para persoas maiores de 70 anos e persoas que necesiten axuda doutras para pasear
    •    De 12 da mañá a 19 do serán: saídas para persoas menores, de 13 anos cumpridos ou menos. Neste punto, modifícase o previsto na Orde Anterior: xs menores xa non poden saír a calquera hora do día, senón só nesta marxe.

Concellos de menos de 5.000 habitantes

Porén, estas limitacións horarias non se aplicarán a municipios de menos de 5.000 habitantes. Neste enlace, do Instituto Galego de Estatística, podedes consultar a cifra de poboación a 1 de xaneiro de 2019 e ver se o voso Municipio ten menos desta cifra:
(Teñen menos de 5.000 habitantes, por exemplo: Cabana de Bergantiños, Corcubión, Dumbría, Laxe, Mazaricos, Muxía ou Zas; entre outros, como vemos aquí)

Infografia Fases Desescalada Coronavirus FEGAMP Concellos menos 5000 habitantes

Permítese durante este tempo o paseo, e tamén calquera deporte non profesional, que non implique contacto con terceiros e se faga individualmente. Por exemplo podemos saír a correr, mais poderiamos practicar frontón, dar toques co balón ou practicar ximnasia. Sempre que, insistimos, non exista contacto e gardemos as distancias (serán de dous metros, igual que se prevía para xs menores).

Podemos saír durante unha hora, e acompañados dunha persoa coa que convivamos. Ademais, do mesmo xeito que acontecía cos paseos de menores, só poderemos facer estas actividades no radio dun kilómetro dende a nosa casa. Este último punto permite unha excepción: o deporte non profesional, que poderá facerse dentro do mesmo Municipio. É dicir: para saírmos a pasear, teremos que facelo nese kilómetro, pero para saírmos a correr poderemos facelo dentro do mesmo Concello.

É especialmente importante que recordedes que estes novos desprazamentos acumulan cos anteriores. Isto é: podemos saír a pasear unha hora, pero seguimos podendo ir á compra ou ao centro de saúde; ou a acompañar ás/ós nosxs fillxs aos seus paseos. 

Si, na teórica poderiamos saír varias veces ao día. Mais queremos chamar especialmente á cautela e ao uso razoábel destas facultades. Todas elas deben realizarse coa máxima cautela, e sen nos relaxar porque seguimos estando nunha emerxencia sanitaria e nun contexto de estado de alarma. 

Do uso ou mal uso que fagamos destas facultades dependerá que se manteñan no futuro; e, sobre todo, de nós depende que non existan repuntes ou recaídas que nos fagan volver atrás.


Unha previsión para o rural

Outra das novidades do BOE de hoxe é unha regulación para as actividades no rural.

Dende hoxe mesmo (venres día 1 de maio) podemos desprazarnos para o coidado de terras sempre que sexan dentro do mesmo Municipio, ou nun que sexa adxacente ao noso. 

Ademais podemos desprazarnos, sen limitación de Municipios, para coidado de animais e para o coidado de hortas que necesitemos para o noso consumo.

Recordar que se trata só de actividades agrícolas ou gandeiras non profesionais. Estas últimas estaban xa incluídas de antes.

 

Artigos de Miguel Vieito Villar

Novas relacionadas

Comentarios