As festas desta fin de semana e a ponte do Apóstolo

Ademais do
Arrincan do xa o xoves 21 en Laxe, coas Festas da Rosa, que comezan cunha magnífica sesión vermú co grupo local O Tren da Unha, que darán varios pases (14:15h; 22:15h; 24:00h; 1:30h, 3:00h) compaxinando coa Foliada D Ases. O venres 22 toca a Orquestra Galaxia, e pola tarde o DJ Ghuin Pan Funk amenizará o centro da vila.
O sábado hai a última traca das Festas de Corcoesto coa Santa Mariña do Remuíño, e a Alabama na sesión vermú e verbena.
Xa para o Apóstolo temos en Pasarela - Calo (Vimianzo), o día 23 ao Combo Dominicano e CDC; o 24 Atenas e Fabrik; e o 25 : Duo Festa e DJ Rokiño, un dos protagonistas do verán.
As Festas en Cereixo chegan o 24 con Mega CDC e grupo Bomba; o 25 con Orquestra Miramar e Los Satélites; e o 26 con Acordes e Fania Blanco Show.
Tamén en Ameixenda celebran o Apóstolo, o domingo, luns e martes pero con actividades xa dende o sábado e ata o vindeiro domingo 31
Tamén volven as clásicas festas en Loroño, Zas. O 24 co Dúo D´Vicio, Claxxon e DJ Rokiño, o 26 xa con máis aire de romaría con Aires de Broña apara a sesi´pon vermú.
E ollo coas Festas de Berdeogas. O 25 SuperFabrik fará boa troula na sesión vermú e verbena, e repetirá o 26 co Dúo Charada.
A Romaría da Santa Margarida do Muíño é das máis esperadas da comarca de Soneira e chega co punto forte do Combo Dominicano para o martes 26.
