Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Os horarios do Festival Castelo Rock

  • A XVIII edición do festival que fará da Vila Muradá o epicentro do rock nacional.
Herdeiros da Crus no Festival Castelo Rock
Imaxe do último Festival Castelo Rock de 2019
Os horarios do Festival Castelo Rock

Nesta fin de semana de fin de semana do 22 e 23 de xullo, o festival do Castelo Rock porá a Muros no epicentro do rock a nivel estatal, con bandas internacionais e nacionais. 18 anos medrando son os que leva a ACRD Praia do Castelo e creando un festival diferente e cercano para todo aquel que escolla o Castelo Rock para pasar un finde semana diferente que non deixará a ninguén indiferente.

Logo de facer números debido os contratempos xerados a última hora totalmente alleos a asociación (algunha cancelación de xeiro unilateral ten caído), a ACRD Praia do Castelo fai oficiais os horarios da decimo oitava edición do “Castelo Rock 2022.

Horarios

O venres día 22 poderase acceder a taquilla para proceder a pulserización apartires das 17:30, o recinto abrirá as súas portas as 18:15.
As 19:00 dara comezo a décimo oitava edición do festival Milleth, serán os encargados de dar o pistoletazo de saída, seguidos de Angelus Apatrida as 19:45, os vigueses Aphonic ás 21:15, ás 22:45 Crisix, ás 00:30 Lendakaris Muertos, seguidos de Hamlet ás 02:15 e pechando o primeiro día ás 03:45 Battosai.

O sábado 23 o festival dará comezo pola maña as 10:30 haberá Fútbol casteliño na rúa da man de Fran Figueroa, seguido do concerto de Cé orquetra Pantasma no Curro da Praza para os máis cativos, e sesión vermú a cargo de Monoulios Dop tamén no Curro da Praza.
Xa pola tardiña as 16:30 haberá pintacaras para os máis cativos ademias do pasarrúas da man da Mekanika Rolling Band que percorrerá todas as rúas da vila. Rematando no recinto do festival para dar comezo os concertos.
Os locais Deleiba comezarán a xornada as 19:00, seguidos de Toundra as 20:10, Arrythmia as 21:40, El Drogas 23:10, Skindred 01:00, Bala as 02:30 e pechará esta edición os locais Lisdexia.

Cartel Festival Castelo Rock Muros 2022

Os abonos serán de 28€ + gastos de xestión, e é posible conseguilas nas webs www.castelorock.gal e https://www.wegow.com. A zona de acampada será completamente gratuíta e o aforo é limitado, polo que se recomenda comprar a entrada con antelación.

Comentarios