Luns. 14.10.2019
El tiempo

RECORTES EN SANIDADE

Días de gran tensión arredor da folga das Ambulancias

A Ambulancia de Cee xa ten pintadas-Foto- Marcos Rodríguez
A Ambulancia de Cee xa ten pintadas-Foto- Marcos Rodríguez
Días de gran tensión arredor da folga das Ambulancias

Hoxe, 20 de febreiro é un dos días fixados no calendario de protestas dos sindicatos do transporte sanitario galego. Mentres continúa a folga activa en todo o pais (hai convocadas dúas quendas, do 18 ao 24 de febreiro e do 4 ao 10 de marzo), ten lugar unha nova concentración en Santiago. Unha cita que se preve tremendamente numerosa, con centos de profesionais de varios sectores da sanidade que se achegarán de todas partes de Galicia.
Bueno, os profesionais que non estean traballando porque cómpre lembrar que os servizos mínimos no 061 son do 100%…

Paralelamente os “piquetes” xa están funcionando na zona, e as ambulancias xa están sufrindo as consecuencias. Estes días dúas ambulancias do 061 de Carballo foron pinchadas, e pintadas, como lle pasou á de Muros hai uns días, á de Cee esta pasada tarde, e mais ao Vehículo de Apoio Loxístico do HVdX.

Vehiculo de apoio loxistico de Cee

”Nós condenamos estes actos”, valora o representante de UGT, Óscar Vázquez, “pero que quede claro non paraliza o servizo, que non é certo, como queren facer pensar os empresarios, que non se está mobilizando a xente. Se hai servizos en cola é porque os servizos son insuficientes”, sinala con rotundidade.

Reunións en punto morto, tras 3 anos de conflito

3 anos levan os traballadores co convenio conxelado, e a intención da patronal (estas cousas pasan por privatizar servizos tan fundamentais como estes), era baixarlles un 10% o soldo aos profesionais do transporte sanitario. “O luns tivemos unha mediacións no Consello Galego, a petición do SERGAS, e a patronal propón retirar esa baixada que anunciara o 10%, polo que quedaríamos como estamos despois de 3 anos co soldo conxelado. Para nós isto non é absolutamente nada”, apunta Vázquez.

Pero dende a patronal sinalan que non poden negociar unha subida ata que non saiban as condicións dunhas nova concesións, que dependen da administración e das que non hai noticia algunha. “Nós non estamos dispostos a suspender unha folga, como nos pedían, con nada enriba da mesa. Só se paralizará coa sinatura dun convenio ou acordo que poidamos levarlle aos traballadores, un acordo que, a verdade, a día de hoxe non vemos moi cerca”.

”Saúdo” institucional e reunión importante

Mañá, os responsables das ambulancias da zona vai acodir a “saudar” a Feijoo na súa visita a Camariñas.

E este venres hai unha reunión importante convocada pola Consellería de Sanidade, e na que estarán todas as partes: o 061, Federación de Empresarios e Sindicatos. “Nós imos a esa reunión con poucas expectativas, pero polo menos con esta convocatoria a administración recoñece con esta convocatoria que son parte do conflito e esperamos que faga algo por solucionalo”, valora Vázquez.

Novas relacionadas

Outras novas do sistema sanitario

Comentarios