O Foro Turismo Covid19 da Deputación da Coruña reflexiona sobre o posible rescate do sector
Este pasado luns daban comezo dous foros turísticos na rede. Por un lado o Camiño dos Faros reivindicou a necesidade de seguir loiando pola oficialización. Polo outro, o Foro Turismo Covid19 da Deputación da Coruña acolleu a primeira cita analizando o futuro do sector con representantes de varios entes de xestión.
Son varias as conclusión botadas da xornada, como a necesidade de sumar forzas para saír da crise, e acelelar o camiño cara un modelo de turismo sustentábel e de proximidade.
Non faltaron as descrición da situación actual, e non escatimaron en calificativos, pois varios sinalaron como "catastrófica" e de grande "incerteza" a situación. De a necesidade de dialogar cun sector que representa o 10,5 % do PIB e emprega a 125.000 persoas na provincia da Coruña. Por iso, o propio Xosé Regueira, o vicepresidente da Derputación e Deputado de Turismo, defendeu a necesidade dun "rescate do sector”. Nese sentido recordou as liñas de axudas para que os concellos contraten profesionais en xestión turística.
Un destino “sustentable” e seguro
Suso Lema, da Asociación de Turismo Muxía Natural, afondou na oportunidade dun turismo sustentábel, de compromiso co medio rural e as boas prácticas do que no sector galego xa se está a avanzar e apostou por unha “promoción unida e responsábel entre as administracións, técnicos de turismo empresarios cunha marca definida e concreta que chegue aos portais de venda”.
Tamén o representantes da Asociación da Ría da Estrela de Muros e Noia, Sebastián Valverde mostrou a preocupación por ofertar un destino seguro que, ao seu ver, ten que ver e boa medida pola percepción que se teña mais que pola normativa aplicada por iso o interese estará "naqueles destinos que consigan que as súas empresas apliquen normas perceptibles e transmitan seguridade".
O Foro Turismo Covid19 continuará o vindeiro xoves 30 abril ás 18h cun encontro sobre os concellos no novo contexto do sector turístico.