mércores. 04.12.2024
El tiempo

O GDR fixo balance de execución dos últimos 3 anos e informou dos proxectos aprobados para o curso 2021-2022

O GDR fixo balance de execución dos últimos 3 anos e informou dos proxectos aprobados para o curso 2021-2022

Celebrouse este pasado venres a Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación Costa da Morte GDR no Centro Sociocultural de Baio. Unha asemblea importante, que se aprobaron as principais cifras, se fixo balance de execución e se deron conta dos proxectos aprobados para este curso.

Primeiramente a entidade explicou os 4 proxectos de promoción e animación que se están a levar a cabo este ano. Dende a Campaña de Difusión de Axudas LEADER convocatoria 2021-2022, ás xornadas Online de promoción e sensibilización, menús temporada calor para comedores escolares saudables e sostibles, o programa de consolidación da marca Terra Atlántica así como a creación dun mapa Interactivo do Territorio GDR Costa da Morte.

Axudas Leader

Presentáronse 16 proxectos Produtivos nesta convocatoria 2021-22 cunha inversión prevista de 2.631.355,87€, un montante de axuda de 707.267,15€, que consolidarían 40,81 empregos e 15,50 empregos novos a crear.

En canto aos Proxectos Non Produtivos, presentáronse 4 proxectos dos Concellos cunha inversión prevista de 87.384,04€; e 2 proxectos de Asociacións cunha inversión prevista de 7.980,15€, un montante de axuda de 5.234,98€.

As solicitudes de Verificación dos Informes de Control de Elexibilidade foron enviadas a Agader e agora estase pendente de que Agader as verifique para logo proceder a facer a proposta de resolución de axudas.

Execución 2017-2020

Dende que se empezou este período Leader no 2017, aprobáronse 59 proxectos (45 Produtivos e Non produtivos e 14 de promoción e animación). 59 proxectos que supoñen unha inversión acumulada de 8.338.442,32€; dos que 3.148.311 son de subvención, para consolidar 149 postos de traballos.

Atrás quedaron sen axudas por falta de fondos nestes 3 anos 19 proxectos, cunha inversión prevista de 3.741.437,52€ e unha axuda solicitada de 1.052.547,60€, os cales consolidarían 113,19 empregos e crearían 19 empregos novos.

Comentarios