Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Ghastropunk para loitar contra a precariedade laboral na hostalería

Ghastropunk para loitar contra a precariedade laboral na hostalería

Estreaban disco o pasado mes de setembro, e non paran. O grupo vimiancés Bastardos de Rivera seguen espallando o seu ghastropunk, e comezan a xira audiovisual co primeiro videclip do LP “Masacre”. “Unha denuncia en clave de humor dunha das moitas realidades precarias e laborais que se viven no mundo hostaleiro”.

O videoclip está dirixido por Pablo Alvite e Roberto Miñones, con Julio Lema como cámara e iluminador. As imaxes do clip trascorren polas rúas de Camariñas ata parar no Pub Mehari de Vimianzo. A aposta polo ‘slapstick’ e unha posta en escena do máis sanguenta e divertida fan desta peza unha oportunidade única para coñecer a tolemia que desprenden estes músicos vimianceses.

Novas relacionadas

Novas festivaleiras

Máis novas musiqueiras

Comentarios