Fantástica resposta dos Concellos da Costa da Morte á chamada do Hospital de Cee
”A verdade é que choramos da emoción. Os Concellos volcáronse moitísimo”. Así explica unha das enfermeiras do Hospital Virxe da Xunqueira a sensación de todos os traballadores trala mostra de solidariedade dende varios Concellos e empresas da comarca ante a petición de material esterilizado.
Concellos como os de Fisterra, Carnota, Corcubión, Cee, Dumbría, Muxía, Camariñas, Vimianzo, Laxe... mobilizaron os seus efectivos (nomeadamente Protección Civil e Policía Local), para recuperar material do Prestige dos galpóns (batas/fundas/monos desbotables, “mascarillas”, luvas, pantallas de seguridade…) así como ir recollendo por empresas (ferreterías, bazares, tendas, confrarías…) e particulares calquera material que se poda usar no centro.
Os profesionais queren agradecer así a rápida resposta pois estaban quedando sen material sanitario, e valoran que ata haia algunha empresa da comarca que está facendo pedidos a fora de España para pedir material.
Tan grande foi a chegada de material que hoxe toca facer un traballo complicado de inventariado e clasificación.
Carnota e Muxía, bos exemplos
Carnota entregou xa o mesmo venres unha marea de material. Muxía fixo o propio na mañá do sábado, facendo entrega de 1000 traxes e 250 gafas ao centro hospitalario. Preparan xa unha 2 entrega co material dorado dos veciños e empresas.
Material muxián
Novas novas do Coronavirus
- Solicitan material de limpeza do Prestige para o Hospital de Cee.
- Boas e malas prácticas no seguemento da corentena.
- O HVdX inicia unha campaña de frotis a domicilio para acotar posibles zonas de contaxio.
- “A Costa da Morte xa case estaba pechada a nivel turístico”.
- Luís Díaz, da panadería Os Ancares: "Na panadería a xente ten que ir entrando de un en un”.