Martes. 08.10.2024
El tiempo

Os Ecocomedores ábrense ás familias

Esta fin de semana estreouse o Espazo Educar na Fundación Eduardo Pondal
Cocineiros dos Ecocomedores da Costa da Morte
Cociñeir@s dos Ecocomedores da Costa da Morte
Os Ecocomedores ábrense ás familias

Abriu as portas ás familias o pioneiro proxecto dos Ecocomedores escolares da Costa da Morte. Un proxecto promovido dende o GDR Costa da Morte, que conta coa implicación total de 5 centros de ensino da comarca e das responsables dos seus comedores (CEIP Labarta Pose de Baio, CEIP Santa Eulalia de Dumbría, CEIP os Muíños de Muxía, CEIP A Picota de Mazaricos e o CEIP Edurardo Pondal de Ponteceso), para realizar menús máis saudables usando o produto local como principal fonte.

Familias degustando os ecocomedores
Familias degustando os ecocomedores

Este pasado sábado, o comedor do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso abría as súas portas para recibir a visita dunhas 60 persoas (xentes da comunidadde educativa dos centros implicados así como varias familias de Santiago). As familias puideron coñecer de primeira man o que implica este menú saudable e ecolóxico de baixo custo, que saca maior partido ao tesouro que supón ter cociña propia no centro, e non depender dun catering.

As cociñeiras responsables, na comarca coordinadas pola pontecesá e cociñeira nos Muíños Sandra Varela, membro da Rede Chef2030, incidiron na problemática coa saúde. “O problema que nos vemos a diario e do cal algúns pais non están sendo conscientes é os problemas de saúde que está habendo,que cada día son mais os nenos que chegan con enfermidades propias de adultos e en que nos preguntan que que son alimentos tan básicos como un peladillo ou unha faba, por exemplo”, explica.

O proxecto coordinado dende a rede Menjadors Ecològics, seguirá intentando espallarse por colexios, pero tamén ten cabida para residencias de maiores e outros centros comunitarios.

Polo de pronto, estes 5 centros xa se comprometeron a varias cousas: aumentar o consumo de verduras e legumes no menú; poñer un día ao mes un menú de proteína vexetal e verduras; e que a que a partir de xaneiro van contactar directamente proveedores como Grupo Xebre, La despensa de lujo de Coristanco ou a Ecotenda Alquimia de Laxe, para ter previsións de cultivo para o vindeiro ano, porque estas cousas non poden ir dun día para outro.

Espazo Educar no Couto

Paralelamente a Fundación Eduardo Pondal inauguraba o Espazo Educar. Rapaces e rapazas de Infantil e Primaria participan nos curos onde aprenden robótica, ximnasia, expresión corporal e a preparar almorzos saudables.

Espazo Educar no Couto

Novas do proxecto

Comentarios