Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Mar de Fábula avalía, cunha limpeza, o estado ambiental da praia de Mar de Fóra

Praia Mar de Fora-Camino dos Faros
Praia Mar de Fora-Camino dos Faros
Mar de Fábula avalía, cunha limpeza, o estado ambiental da praia de Mar de Fóra

A Asociación Mar de Fábula convoca para este xoves 10 de agosto, ás 11:00h, unha limpeza na praia de Mar de Fóra, en Fisterra. A entidade, quere avaliar o estado de saúde do areal, e pide a colaboración da veciñanza. O punto de encontro será o aparcamento da praia.

Esta limpeza está enmarcada nunha colaboración con bloggers profesionais que veñen a limpar, filmar e documentar a labor da entidade: Nuria e Sergio de TOXÍO, Rubén de @caminanteplanet, Dani Keral de “Un Viaje Creativo”, Eva Aval de “Una idea, un viaje”, e Angelina Baldrich.

A efectos de cobertura de seguros é necesario anotarse con nome, apelidos e DNI no enderezo electrónico [email protected].
Contarase con apoio loxístico do Concello de Fisterra.

Comentarios