luns. 11.11.2024
El tiempo

Os grupos parlamentarios lembran a blindaxe dos postos de Ferroatlántica á concesión hidroeléctrica

En Marea e BNG piden a intervención da Xunta

Manifestacion dos traballadores de Ferroatlantica-Foto-Rafa Quintans
Manifestacion dos traballadores de Ferroatlantica-Foto-Rafa Quintans
Os grupos parlamentarios lembran a blindaxe dos postos de Ferroatlántica á concesión hidroeléctrica

Hai pouco máis de 2 anos que a Xunta prohibía a venda das centrais hidroeléctricas do Xallas, precisamente por estar vinculadas ás fábricas de Brens e Dumbría. Hai pouco máis dun ano a Xunta descartaba un ERE en Ferroatlántica.

Dúas situacións que veñen de volta estes días, despois de que empresa presentase onte o Expediente de Regulación Temporal de Emprego para os vindeiros 2 anos.

Se ben a situación dos traballadores de Ferroatlántica aínda está por determinar, unha vez que non se sabe canto afectará nas fábricas costeiras, os movementos están sendo continuos. Esta mañá de mércores 6 de xaneiro terán unha reunión para estudar a súa posición, despois das firmes declaracións de onte do responsable da CIG, que será a voz dos traballadores nas reunións coa empresa en Madrid.

En todo caso os traballadores teñen varios apoios. O alcalde de Cee, que xa amosou no seu día o seu compromiso, vai reunir este xoves aos alcaldes da comarca. Ademais, os grupos parlamentarios de BNG e En Marea veñen de amosar a súa indignación ante a decisión da empresa.

O BNG advirte que “non hai xustificación económica para o ERE”Noa presas deputada do BNG

A deputada do BNG, Noa Presas condenou onte o ERE lembrando ademais que “a concesión das empresas hidroeléctricas do Xallas está suxeita a permanencia do emprego e actividade produtiva”. Presas rexistrou diversas iniciativas parlamentarias para reclamar “unidade de acción” contra o ERE e pide a Núñez Feixóo que deixe “a estratexia do avestruz e non agoche a cabeza. Feixóo”, afirma a deputada do BNG, “debe obrigar a Ferroatlántica a retirar o ERE porque de non ser así, reclamamos que sexa retirada a concesión. Feixóo debe dicirlle a Villar Mir que Galiza non vai permitir ningunha nova chantaxe” e lembrou que hai máis dun ano foi paralizada a “venda especulativa” das centrais do Xallas.

Así, a deputada defenderá no Parlamento un acordo por resolución para amosar a solidariedade do Parlamento cos traballadores e preguntará ao goberno “se ten previsto rescindir as concesións de explotación do Xallas, no caso de seguir Ferroatlántica adiante co seu expediente de regulación de emprego nos centros de produción de Cee-Dumbría e Sabón”.

En Marea lembra tamén a concesión hidroeléctrica

Pancho Casal Deputado de En mareaO deputado de En Marea Francisco Casal destaca que “este ERTE supón un incumprimento da concesión dada pola Xunta, que se fixo precisamente para garantir a viabilidade das factorías de Cee e Dumbría”. “Ante esta situación, a Xunta de Galicia ten que intervir para exixir a Ferroatlántica que cumpra coas condicións da concesión e garantice a viabilidade das tres factorías en Cee, Dumbría e Sabón”, reivindica o deputado Francisco Casal, que considera imprescindible “unha auditoría dos beneficios extraídos da explotación das centrais hidroeléctricas e a exixencia de que se invistan prioritariamente no desenvolvemento e mellora da competitividade das factorías galegas de Ferroatlántica en vez de dedicarllos a outros negócios da empresa”.

Segundo o deputado Francisco Casal,o complexo Cee-Dumbría-Centrais Hidráulicas xerou en 2018 uns ingresos de entre 35 e 40 Millóns de euros. “A baixada de prezos do Ferromanganeso e silicomanganeso, tampouco é unha causa suficiente, xa que a empresa o segue a producir trasladando esta producción as suas factorías en Francia e en Noruega adquiridas cos beneficios obtidos cos rendimentos das centrais hidráulicas da Costa da Morte”, denuncia e engade que “é intolerable que os rendementos das centrais no canto de garantir a viabilidade das factorías de Cee e Dumbría fagan xusto o contrario coa permisividade da Xunta de Galicia”.

Máis novas do conflito #Ferroatlántica

Comentarios