As historias dos naufraxios de Aantena chegan ata Bergantiños
As historias dos naufraxios de Aantena seguen percorrendo espazos singulares da nosa comarca. Despois do éxito da primeira fornada de accións teatrais, chega a segunda e última oportunidade para velos.
Este venres, ás 23:00h, o escenario será a contorna da Ermida de Santo Hadrián de Malpica. Alí, os Bernardino Martínez, Xosé Leis, Alicia Baña, Andrea Rodríguez e Antonio de Valdivieso, e música de Klaus Martínez, contarán historias de naufraxios míticos da zona.
A noite do sábado 22 será en Razo (Carballo), con outra espectacular escena. E completa o programa a cita que non se puido desenvolver o pasado xoves en Arou, en Lobeiras, polas malas condicións meteorolóxicas, que se traslada para este domingo 23, tamén ás 23:00h.
Cómpre reservar praza en www.aantenasc.com.